"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • GALICIA

    Médico. Foi xefe de sección da oficina de coordinación de transplantes de Galicia. É membro honorífico da Asociación Galega de Investigadores en Ciencias da Saúde. Colaborador en distintas revistas especializadas en ciclismo, publicou Introdución ao ciclismo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bibliófilo, escritor e industrial. Foi un dos fundadores do primeiro Centro Gallego en Bos Aires e refutou a tese de que Cristovo Colón era galego. Publicou Cristóbal Colón. Su origen y su patria (1912) e Colombinos Art Nouveau: nuevo campeón. Un zapatero que ahorca el tirapié (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Cofundador da revista Liberté (1958), escribiu os libros de poesía Ces anges de sang (1955) e En la nuit, la mer (1981), o ensaio Journal dénoué (1974) e novelas como La mort vive (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ou contén ovos ou óvulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que porta ou transporta óvulos

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da atmosfera terrestre, que se sitúa aproximadamente entre os 30 e os 60 km por enriba da superficie, que contén unha gran concentración de ozono. Esta capa exerce a función dun parasol que protexe a Terra absorbendo as radiacións ultravioleta de onda máis curta que chegan do Sol. Na década de 1960 comezouse a observar unha diminución no espesor desta capa polo uso indiscriminado de clorofluorocarbonos (CFC) en refrixerantes e propelentes, que supuxo a aparición dun buraco enriba da Antártida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Doutor en Literatura Inglesa pola University of Edimburg e en Literatura Española e Hispanoamericana pola Universidad de Salamanca, pertence ao grupo literario Crack, xunto a Jorge Volpi. Na súa obra pretende loitar contra a mala imitación do realismo máxico e a vulgarización da literatura hispanoamericana. É autor de Subterráneos (1990), La catedral de los ahogados (1994, Premio Juan Rulfo), Amphitryon (2000, Premio Primavera de Novela), Las tormentas del mar embotellado (2000, Premio Nacional de Literatura Infantil de México) e Las antípodas y el siglo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Realizou estudos no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, e en Italia. O seu estilo evolucionou desde o realismo intimista ata obras de temas ambiguos e representacións case inaprensibles de temática mitolóxica ou literaria, influenciada pola súa estadía en Italia onde descubriu o Renacemento para o conxunto da súa obra. Destacan Vida, muerte y resurrección de Virginia Wolf, El nacimiento, El ciclo del amor e La primavera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi mestre de capela en Venecia e Dresden, director de orquestra do teatro italiano de París e director de música da corte de Napoleón (1807-1812). Fíxose célebre coas óperas Camilla (1799), Eleonora (1804) e Le maître de chapelle (1821), ademais de realizar dous oratorios, cantatas e diversas composicións instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Osteodistrofia fibrosa hipertrófica de evolución crónica e de etioloxía descoñecida, que se caracteriza por un cadro anatómico-radiolóxico que afecta a algúns ósos (a pelve, o sacro ou o fémur). Histoloxicamente hai cambios destrutivos ou osteoclásticos, fenómenos reparativos ou osteoblásticos e esclerose ósea. O conxunto destas anomalías dá a imaxe radiolóxica dun óso en forma de mosaico. Analiticamente pode detectarse un aumento da actividade da fosfatase alcalina no soro e unha excreción urinaria anormal de hidroxiprolina. O tratamento é puramente sintomático. OBS: Tamén se denomina osteíte deformante.

    2. Carcinoma da mama, de tipo canalicular, que se manifesta cunha induración e ulceración na mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libelista italiano. Escribiu obras sacras, escenas retóricas, narracións bíblicas obscenas, novelas políticas antiespañolas e libelos satíricos. Apresárono en Venecia por un libelo contra o papa, a Igrexa e os xesuítas, Il corriere svagliato, e outro libelo contra Urbano VIII, La baccinata, foi a causa da súa detención e decapitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten palmeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador, marqués de Miraflores e conde de Villapaterna. Colaborou estreitamente con R. Narváez durante o década moderada. En 1846 foi ministro de Estado e de Gobernación do Reino da Península e Adxacentes. Despois de afiliarse á Unión Liberal, presidiu o Consello de Ministros (1863-1964). É autor de Apuntes históricos para escribir la historia de la revolución de España desde el año 1820 hasta 1823 (1834) e Memorias para escribir la historia contemporánea de los siete primeros años del reinado de Isabel II (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. En 1989 fundou o Teatro do Morcego coa intención de promocionar e profesionalizar o teatro en galego. Ademais, traduciu textos teatrais e foi coautor do Dicionario da Lingua Galega (3 vol, 1986). Coa súa compañía produciu Misterio cómico (1991), O lazariño de Tormes (1998), Os vellos non deben de namorarse (2001) e A gran ilusión (2002), e co CDG obras como A comedia do gurgullo (2004). Participou nos filmes Huidos (1992), A lingua das bolboretas (1999), O lapis do carpinteiro (2003) e O ano da carracha (2004) e en varias series de televisión. Recibiu o Premio Compostela ao mellor actor por Misterio Cómico (1992) e o Premio María Casares á mellor versión por o Lazariño de Tormes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bens parafernais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á locución ‘estar doente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sesións celebradas, de xaneiro de 1919 e xaneiro de 1920, entre os representantes das potencias vitoriosas, e os seus asociados, e as vencidas na Primeira Guerra Mundial. Principalmente, aceptáronse os Catorce Puntos de Wilson, dos que se materializou a creación da Sociedade de Nacións e acordáronse os tratados de Versailles con Alemaña, Saint-Germain-en-Laye con Austria, Trianon con Hungría, Neuilly con Bulgaria e Sévres co Imperio Otomán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade de etioloxía descoñecida, que adoita aparecer en idades avanzadas por culpa de lesións dexenerativas de certas áreas neuronais da base cerebral. Caracterízase por unha rixidez muscular e unha hipertonía extrapiramidal, perda dos movementos automáticos primarios, tremor, palilalia, ptialismo e labilidade emocional. O curso é crónico e progresivo. Foi descrita por James Parkinson.

    VER O DETALLE DO TERMO