"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Arco ou conxunto de puntos do que é homeomorfo cun intervalo real. Intuitivamente é o resultado de estirar e torcer un fío elástico, sen rompelo e sen que coincidan dous dos seus puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e moralista francés. O seu ciclo de Chaminadour revelouno como un gran estilista e, sobre todo, un renovador da inspiración novelesca. Está considerado como un dos precursores da nouveau roman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (San Pablo Guelatao, Oaxaca 21.3.1806 - Ciudad de México 18.7.1872) Político mexicano. Representante do reformismo liberal, foi gobernador de Oaxaca desde 1847 ata 1853 e de novo desde 1856, tras unha paréntese motivada polo goberno de López de Santa Anna, quen o desterrou de México. Nomeado presidente da Suprema Corte de Justicia desde 1857, en 1858 foi elixido presidente da República, cargo que tamén ostentou desde 1861 ata 1862. Durante o seu mandato nacionalizou os bens eclesiásticos, ditou as Leyes de la Reforma e suspendeu o pago da débeda externa, -como un intento de recuperar as perdas provocadas pola Guerra de la Reforma (1858-1860)- feito que deu lugar ao desembarco de tropas de Francia, Reino Unido e España, que impuxeron como emperador o arquiduque de Austria, co nome de Maximiliano I de México. En 1867, retiradas as tropas francesas e fusilado Maximiliano I, ocupou novamente a presidencia ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neoplasia cutánea (tumor maligno da pel) descrita por primeira vez en 1872 polo húngaro Móric Kaposi, que experimentou un notable incremento da súa frecuencia durante a derradeira década a causa da súa asociación coa infección polo virus da immunodeficiencia humana que produce a SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península no extremo oriental da península de Crimea, que separa o mar de Azov e o Mar Negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República Autónoma de Crimea, Ucraína (167.222 h [1999]). A súa economía baséase na industria extractora, fábricas metalúrxicas e industrias pesqueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Geisa, Hessen 1602 - Roma 1680) Erudito e científico xesuíta. Fixo o primeiro mapa impreso das principais correntes mariñas e foi o primeiro en examinar o sangue a través do microscopio. A súa Ars magna sciendi (Amsterdan 1669) é unha adaptación da Art de Ramon Llull.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a variación de entalpía coa temperatura a presión constante. Permite calcular a variación de entalpía H dunha reacción á temperatura T2, coñecendo a variación da entalpía da reacción a unha certa temperatura T e as capacidades caloríficas dos produtos e dos reactivos a T1 e T2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kaliningrad 1824 - Berlín 1887) Físico alemán. Profesor en Breslau e en Heidelberg, continuou os traballos de Ohm sobre a resistencia eléctrica e estudiou a propagación de sinais telegráficos (ecuación dos telegrafistas). Xunto con R. W. Bunsen (1859), aclarou a causa dos raios de Fraunhofer e descubriu, por espectroscopia, o cesio e o rubidio. Enunciou as leis que levan o seu nome, sobre as radiacións dos corpos, e introduciu a noción de corpo negro. Formulou, ademais, as leis sobre circuítos eléctricos que levan o seu nome (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis fundamentais dos circuítos eléctricos en forma de mallas. A primeira, chamada lei dos nós, expresa que a suma alxébrica das correntes que conflúen nun nó é nula: ?i=0. A segunda, chamada lei das mallas, expresa que nunha malla calquera a suma das forzas electromotrices é igual á suma das caídas de tensión: ?e=?iZ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis relativas á radiación térmica dos corpos. Segundo a primeira lei, a razón entre o poder emisivo total e o poder absorbente total dun corpo é independente da natureza do corpo. A segunda lei establece que a intensidade específica dunha radiación de frecuencia f nun medio dado é directamente proporcional ao cadrado do índice de refracción do medio, para a mesma frecuencia f.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Aschaffenburgo, Baviera 6.5.1880 - Frauenkirch, Graubünden 15.6.1938) Pintor, escultor e gravador alemán. Como pintor cultivou a paisaxe e as figuras con cores vivas. Foi o principal promotor do grupo Die Brücke, ata 1913, e un dos primeiros pintores expresionistas. As súas obras máis relevantes son as series de escenas de rúas. Retirado en Suíza (1915), creou unha obra gráfica inspirada na natureza. A súa obra foi considerada dexenerada polos nazis (1933). Destacan Autorretrato co nmodelo (1910-1926) e Escena de rúa en Berlín (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Río Gallegos, Santa Cruz 25.2.1950 - El Calafate, Buenos Aires 27.10.2010) Político arxentino. Membro do Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de Santa Cruz. En 1996 fundou La Corriente Peronista, liña interna do xusticialismo, e desde 2000 dirixe La Corriente, espazo de debate e pensamento político federal. Nas eleccións de 2003 foi elixido presidente de Arxentina, despois do abandono na segunda volta de C. Menem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do rrethi de Korçë, Albania (65.300 h [1990]). É unha das principais áreas produtoras de trigo do país, e o principal centro comercial e industrial do sur do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (2.181 km2; 171.205 h [estim 1993]). A capital é Korçë.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mar Adriático, na costa de Dalmacia, Croacia (273 km2; 19.651 h [estim 1991]). As actividades económicas máis importantes son a agricultura, especialmente o cultivo de oliveiras e cereais, e a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sim 1903 - Moscova 1960) Físico nuclear. Dirixiu as investigacións que levaron á fabricación da primeira bomba atómica da URSS e á primeira bomba termonuclear do mundo. Foi director do Instituto de Enerxía Atómica e académico de ciencias da URSS, estudiou as aplicacións pacíficas da enerxía nuclear, como por exemplo os reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome proposto polos rusos para designar o elemento de número atómico 104 e que a IUPAC chama rutherfordio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘alpargata’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo N da illa de Onza, situada na parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO