"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • Persoa que participa na malla dos cereais usando o mallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que se emprega para mallar os cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liña que se forma na praia cos residuos que deixa o mar, e que indica o punto máis alto ata onde chegou a marea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Muros e Noia, na parroquia de San Cosme de Outeiro (Outes).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Bater co mallo, ou con outros medios mecánicos, o cereal para separar o gran da palla.

      2. Bater contra algo plantas con grans ou froitos para facer que estes se desprendan.

    1. Golpear algo ou a alguén de xeito repetido.

    2. Provocar unha gran canseira en alguén.

    3. Gañar rotundamente nalgúns xogos ou competicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quedar o peixe nas mallas da rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista francés. Na súa obra Traité de cristallographie géométrique et physique formulou unha teoría orixinal para explicar as propiedades ópticas dos cristais. Recibiu a Légion d’Honneur (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. O descubrimento da obra de Baudelaire e de Edgar Allan Poe determinou a súa vocación. Definiu a súa estética persoal no feito de non definir o obxecto, senón o efecto que o obxecto produce.   Progresivamente reaccionou contra o Parnaso, algo que, xunto con Verlaine, fixo que se convertera en guía dos poetas de vangarda, coñecidos como simbolistas. A súa influencia advírtese en Valéry, Apollinaire e na máis moderna literatura. Moi coidadoso na forma e ambicioso intelectualmente, é autor de Hérodiade (1869), Après-midi d’un faune (1874), Album de vers et de prose (1888), Pages (1891) e Un coup de dés jamais n’abolira le hasard (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar en Malplaquet, Normandie, o 11 de setembro de 1709 durante a Guerra de Sucesión Española. As tropas da Gran Alianza da Haia derrotaron os franceses, feito que levou a Luís XIV a considerar a posibilidade de firmar a paz e abandonar a causa de Filipe V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita naval na illa de Malta que tivo lugar o 3 de maio de 1283, entre a flota catalana, comandada por Roger de Lloria, e a de Carlos I de Nápoles. Supuxo a anexión de Malta e Gozo á Coroa de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Atlántico meridional, situado a uns 650 km ao NL de cabo de Hornos (12.173 km2; 2.800 h [estim 2001]). Consta das illas Gran Malvina e Soledad e de máis de 100 illotes. O clima é oceánico. A base económica é a gandería ovina, a exportación de la e pel e a pesca. A capital é Stanley (1.636 h [1996]). Descubertas polos holandeses en 1600, foron ocupadas por franceses, británicos e españois, pero desde o s XIX, foron arxentinos e británicos os que disputaron a súa soberanía. A guerra de 1982 deu a vitoria a Reino Unido, que rexeitou calquera tipo de negociación sobre a área pesqueira que se estableceu nas illas ata 1990, cando se restableceron as relacións entre ambos os dous países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor italiano. Dunha grande actividade política, traballou nas universidades de Turín e Roma. Fundou a revista Filosofia delle scuole italiane e escribiu poesías de ton clasicista, como Inni Sacri (1832) e Nuove poesie (1835), e traballos filosóficos, como Confessioni di un metafisico (1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das cactáceas, que presentan forma arredondada, talos verdes, fotosintéticos e globosos, sen follas e con flores de cores diversas. Son oriúndas de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do lago Huron, Canadá, que pertence á provincia de Ontario e está formado por tres grandes illas, Manitoulin, Cockburn e Drummond, e numerosas illas pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, de goles, cun florete de prata coa gornición de ouro, fixado; segunda partición, de sinople, cunha cabeza de mouro, cortada e tocada cun turbante de prata; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no páramo leonés, ao SL da capital provincial e drenado polo río Esla (1.754 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e nas industrias alimentarias. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, e do seu patrimonio cultural destacan as murallas medievais, o convento de San Agustín e o mosteiro de San Miguel de la Escalada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manteleta de encaixe que usan as mulleres para cubrir a cabeza e as costas en cerimonias relixiosas e ocasións solemnes. Comezou a usarse no s XVII e foi moi habitual na primeira metade do s XIX.

    2. Alga verde, duns 20 cm de lonxitude, que presenta forma laminar cos bordos ondulados ou finamente dentados. O talo estréitase moito na base, formando un pequeno disco redondeado polo que se fixa ao substrato. A súa forma varía dependendo das condicións do medio natural en que habita. Crece adherida ás superficies das rochas e como epífita doutras algas, nos niveis intermareal ou infralitoral das costas expostas ou protexidas. Emprégase como bioindicadora de contaminación por materia orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Foi voceiro (1983-1991) e presidente (1987-1991) do PP no concello de Vigo (1983-1991). Foi vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, senador na IV lexislatura (1989-1993) e deputado nacional desde 1993. Escribiu o artigo “La Financiación de la empresa pesquera” (1981) e a colaboración “Ramón Díaz del Río” no libro Viguíssimos (1998), de Xurxo Lobato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • iño branco, semellante ao xerez, que se elabora en Sanlúcar de Barrameda e noutros lugares de Andalucía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao O da cidade de Sevilla (2.464 h [2001]). Ten especial importancia o cultivo da viña e a posterior comercialización do viño.

    VER O DETALLE DO TERMO