"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Óptico e naturalista neerlandés. Autodidacta, moi ben dotado para as ciencias da observación, fixo numerosos descubrimentos sobre infusorios, bacterias, glóbulos do sangue, espermatozoides e pezas bucais de insectos, utilizando microscopios dunha soa lente, que el mesmo construía. En 1722 acabou de publicar a súa Opera omnia, formada por 400 comunicacións que enviara á Royal Society e á Académie des Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Nomeado xeneral en 1794, participou nas batallas de Fleurus (1794), Altenkirchen (1796) e Stockach (1799). Napoleón nomeouno senador (1800) e mariscal do Imperio en 1804. Combateu en España, Tirol e en Jena. Despois da restauración borbónica foi membro da cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, que forma parte da área metropolitana da capital (173.584 h [2001]). A proximidade coa cidade de Madrid converteuno nun centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Amigo de Picasso e de G. Braque, participou nas manifestacións cubistas. Representou personaxes e elementos mecánicos, mediante formas curvas e tubulares de cores inicialmente frías e posteriormente cálidas, entre os que sobresae a serie Contrastes de formes (1913). Durante a Segunda Guerra Mundial realizou cadros de acróbatas e ciclistas. Interesouse tamén polo cine, Ballet mécanique (1923-1924), a cerámica e o gravado. Ten un museo monográfico en Le Biot (Alta Savoia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Considerado un dos científicos máis recoñecidos no campo da física de baixas temperaturas, en 2003 recibiu, xunto con A. A. Abrikosov e V. L. Ginzburg, o Premio Nobel de Física pola súa pioneira contribución á teoría dos supercondutores e superfluídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Diplomada en Maxisterio, formouse na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Despois dunha primeira etapa expresionista, interesouse pola pintura espontánea e imaxinativa dos nenos e a súa inxenuidade, converténdose nunha das representantes da pintura naif. As súas obras caracterízanse pola precisión do debuxo, de carácter caligráfico, e cores planas e contrastadas. Creou paisaxes e interiores ideais onde se sitúan personaxes vestidos con ropaxes barrocas ou románticas. As súas composicións teñen unha deliberada carga literaria. Destacan, entre outras, Familia do paxariño (1982), Neno con can (1987) Nai, pai e filla das mazás (1996) e a serie Virxes. Ten obra en museos de arte naif de Francia, Italia e Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Milán, situada en Lombardia, Italia (53.788 h [2001]). É un importante núcleo industrial subsidiario de Milán. En 1176 tivo lugar a Batalla de Legnano, entre os exércitos da Liga Lombarda e o do Emperador Federico I Barbarrubia, coa vitoria dos primeiros, que obrigou ao emperador a asinar a Tregua de Venecia (1177).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado na música clásica, traballou para o cineasta Jacques Demy. En EE UU colaborou posteriormente en The Thomas Crown Affair (1968), Summer of 42 (1971, galardoada cun Oscar da Academia) e Les routes du Sud (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Compuxo óperas, como I due cesari (1683) nas que contribuíu a fixar o esquema da aria da capo, oratorios, cantatas profanas, motetes e sonatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser sobrenatural da mitoloxía popular galega con diferentes atribucións. Xeralmente considéranse xenios maléficos que viven no aire e que provocan lóstregos e treboadas para estragar as colleitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e poeta inglés. Publicou o seu primeiro volume en 1931, A Garden Revisted, e distinguiuse especialmente como editor e promotor dun bo número de coleccións de poesía. A Thrown to the Woolfs (1978) rememora os anos en que, como socio de The Hogarth Press, fixo de editor xunto con Leonard e Virginia Woolf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Traballou nas universidades de Harvard (1963-1964), Louis Pasteur de Estraburgo e no Colexio de Francia (París). As súas investigacións centráronse principalmente nas macromoléculas cíclicas, descubertas por Pedersen en 1962. En 1987 recibiu, xunto con D. J. Cram e C. J. Pedersen, o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre síntese en laboratorio de moléculas que reproducen as funcións químicas e biolóxicas vitais das moléculas que se atopan en organismos vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei Orgánica 10/2002, de 24 de decembro, que supón, sobre todo, un cambio da filosofía educativa con respecto á LOXSE. Sen publicar un Libro Branco, aprobouse unha norma que desbota os piares básicos da Reforma LODE/LOXSE: a escola participativa e o modelo comprensivo. A LOCE implantou un dobre sistema de segregación do alumnado: polo currículo e por centros. Aínda que nun principio podería pensarse que a principal forma de segregación reside na determinación de itinerarios diferenciados a partir do 2º ciclo da ESO ou na creación dos Programas de Iniciación Profesional (PIP), o certo é que se produciu fundamentalmente debido ao novo sistema de avaliación e promoción. Recuperouse a repetición de curso, os exames extraordinarios de setembro ou xullo e a reválida. Por outra banda a lei estendeu o réxime de concertos á escola infantil e o ensino da relixión católica volveu recuperar valor académico. A LOCE arremeteu contra o modelo de escola participativa e incrementouse o poder dos directores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei, aprobada en 1990, que pretendeu adaptar o sistema educativo á realidade da sociedade española. En 1987 presentouse o Proyecto para la Reforma de la Enseñanza. Propuesta para debate, que foi completado en 1988 cun anexo dedicado ao ensino técnico-profesional. A redacción definitiva do proxecto quedou rematada en abril de 1989 para ser publicado como Libro Blanco para la Reforma del Sistema Educativo en que se analizaba a realidade educativa española e se xustificaba a súa necesidade ao tempo que se fixaban os seus obxectivos e se organizaban, na súa totalidade, os niveis educativos non universitarios. Intentou dar unha correcta solución aos problemas especificamente educativos de España. Desde o seu enunciado terá como tarefa fundamental a de solucionar os erros de concepción, as insuficiencias e as disfuncionalidades do sistema educativo. Ampliou a educación básica ata os 16 anos en condicións de gratuidade e obrigatoriedade e auspiciou unha reordenación do réxime xeral de educación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que naceu como unha norma necesaria para desenvolver harmonicamente os principios da Constitución de 1978 en materia de educación, pero tamén como unha obriga lexislativa necesaria para a converxencia europea. Rodeada dunha gran polémica e de críticas por parte de grupos conservadores e da Igrexa Católica, foi protestada cunha manifestación sen precedentes e recorrida ao Tribunal Constitucional. De aí o atraso na súa aplicación porque, se ben foi aprobada no Parlamento en 1984, non foi sancionada ata o 3 de xullo de 1985. Garantiu, por vía lexislativa, o pluralismo educativo e unhas cotas máis reais de equidade neste ámbito. Supuxo o recoñecemento oficial dunha realidade evidente: a existencia dunha dobre rede pública e privada de centros escolares. Tres foron as características coas que se definiu: 1) a financiación con fondos públicos da práctica totalidade dos centros escolares de ensino obrigatorio e, ao mesmo tempo, o control democrático desa financiación; 2) a promoción dun ensino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei fundamental con categoría constitucional, promulgada o 10 de xaneiro de 1967, na que se configuraba o Estado español como un reino. O sistema institucional respondía aos principios de unidade de poder e de coordinación de funcións. A lei definía as funcións do xefe do Estado, do presidente do goberno, do Consello de Rexencia, do Consello do Reino, do Consello do Estado, do Consejo Nacional del Movimiento, de xustiza, das Forzas Armadas, da administración local, da economía estatal e do Tribunal de Cuentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a G. H. Leibniz ou ás súas teorías.

    2. Partidario das teorías de G. H. Leibniz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa estadounidense. Foi directora de fotografía das revistas Rolling Stone e Vanity Fair. Destacou polos seus retratos ás figuras do cine, a música, o teatro a literatura ou a política, sempre cunha grande orixinalidade e humor. Ademais, elaborou diversos traballos onde reflectiu a problemática da violencia e da miseria do seu país. Publicou Annie Leibovitz: Photographs (1983), Photographs Annie Leibovitz 1970-1990 (1991) e Annie Leibovitz. Women (1999)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro. Foi director das oficinas de Transferencia de Tecnoloxía (OTRI), de Orientación ao Emprego (OFOE) e de Iniciativas Empresariais (OFIE). Foi, tamén, director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, cofundador e presidente da Asociación Española de Profesores de Ingeniería Gráfica, presidente do Comité de Dibujos Técnicos da Sociedad Española de Normalización (AENOR) e Socio de Honor da Unión Nacional de Arquitectos e Ingenieros de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jeanette Helen Morrison.

    VER O DETALLE DO TERMO