Lei Orgánica do Estado
Lei Orgánica do Estado
Lei fundamental con categoría constitucional, promulgada o 10 de xaneiro de 1967, na que se configuraba o Estado español como un reino. O sistema institucional respondía aos principios de unidade de poder e de coordinación de funcións. A lei definía as funcións do xefe do Estado, do presidente do goberno, do Consello de Rexencia, do Consello do Reino, do Consello do Estado, do Consejo Nacional del Movimiento, de xustiza, das Forzas Armadas, da administración local, da economía estatal e do Tribunal de Cuentas.