"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen leva unha vida desleixada e descoida as súas obrigas e mesmo o seu aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Iniciou os seus estudios de medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1870. Posteriormente, trasladouse á Universidade Central de Madrid, onde obtivo a licenciatura (1877). A partir do ano seguinte decidiu dedicarse por enteiro á medicina na súa vila natal, a mesma profesión que exercera o seu pai. En 1884 publicou os seus dous primeiros poemas no semanario O Tío Marcos da Portela. Membro activo do Partido Republicano Federal, en 1887 participou na Xuntanza Federalista de Lugo. A partir dese momento, e ata 1893, formou parte do consello executivo da Región Gallega. Desde ese ano dedicouse exclusivamente á medicina e publicou algunhas composicións en Galicia Humorística (1888). En 1903 fundou en Mondoñedo a xunta municipal de Acción Republicana e en 1905 o Grupo Esperantista local. Neste último ano entrou a formar parte como membro numerario da Real Academia Galega, á que doou ao cabo duns anos un conxunto de cantigas, refráns e léxico da comarca mindoniense,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Membro dunha familia de canteiros e ebanistas, formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela (1974) e despois trasladouse a Madrid, onde acudiu por libre á Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. En 1976 formou parte do grupo FOGA, de tendencia surrealista. En 1983 participou na mostra de Atlántica en Santiago de Compostela. Instalouse en Nova York en 1987, e desde 1990 está ligado á Galería Malborough. Nas súas obras empregou materiais moi diversos, principalmente madeiras de todo tipo, das que aproveitou as súas peculiaridades, pedra, mármore, formigón e ferro fundido. Nelas recolleu a tradición da talla dos canteiros románicos e barrocos. Realizou unha obra figurativa de carácter expresionista e con distorsións relacionadas tanto coa escultura da etapa final de Michelangelo polo seu monumentalismo, como co arcaísmo tradicional, ás que engadiu as novas propostas vangardistas. Realizou exposicións individuais dentro e fóra de España e participou en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Miño. Documéntase en dúas doazóns, conservadas nos documentos de Santa María de Monfero, de 1142 e 1146. A igrexa ten planta en forma de cruz cunha nave divida en tramos, ábsida poligonal e cuberta a dúas augas. No exterior destaca a espadana, distribuída en dous corpos; o primeiro composto por arcos oxivais, e o segundo articulado nun corpo central ao redor de pináculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora. Foi profesora de filosofía na Escola Normal de Ourense desde 1928 a 1945. Das súas publicacións destacan Compendio de Geografía General (1934), El padre Feijoo: sus ideas crítico-filosóficas (1935), El existencialismo en la educación (1959), El padre Feijoo: su magisterio (1967) e Pedagogía hispano-cristiana en su dimensión espiritual (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muxía baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muxía. Construída en estilo románico no s XII, ten unha soa nave e ábsida rectangular, con cuberta de madeira a dúas augas. A fachada está composta por unha porta formada por arquivoltas apoiadas sobre columnas pegadas, unha liña de imposta corrida, e unha ventá semellante á porta e cun arco polilobulado como marco superior. O conxunto remata nunha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador e escultor. Colaborou no retablo da capela da Virxe de Prima da catedral compostelá (1721), no de San Martiño Pinario (1730-1733) e nos da capela do Cristo de Santa María de Conxo (1735-1737). Modificou o retablo (1737?) da confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval e fixo o retablo maior de Santa María do Camiño (1758).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos zooflaxelados, da familia dos tripanosómidos, que empregan os insectos da familia dos flebotómidos (Phlebotomus e Lutzomyia), como vector da enfermidade e como hospedeiro a un animal vertebrado. Carecen de flaxelos e presentan unha forma arredondada. Presentan diferentes morfoloxías segundo a etapa do ciclo biolóxico no que se atopen. Este xénero está integrado por varias especies similares pero que se diferencian no comportamento, distribución, animal que empregan como reservorio e tipo de enfermidade que provocan. Clasifícase en complexos, como por exemplo, o complexo de L. donovani, responsable do kala-azar, o complexo de L. tropica, o de L. mexicana, que provoca o botón de Oriente e o complexo de L. braziliensis, causante da leishmaniose mucovisceral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección crónica causada por protozoos do xénero Leishmania transmitida por mosquitos. Entre as principais cómpre mencionar a leishmaniose visceral ou kala-azar, a leishmaniose cutánea ou botón de Oriente e a leishmaniose mucocutánea.

    2. botón de Oriente.

    3. Afección provocada pola especie Leishmania braziliensis braziliensis, que produce úlceras na mucosa nasal ou oral. Dáse principalmente en zonas de América do Sur.

    4. kala-azar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e autor escocés. Foi o primeiro gran solista do pop británico e pioneiro na recuperación do tradicional folk das illas. Realizou unha xira con Bob Dylan e Joan Baez, e foi aclamado no festival folk de Newport (1965). Das súas cancións destacan “Catch the wind”, “Colours”, “Jennifer Juniper” e “Sunshine Superman”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Despois do fracaso da campaña de Provenza (1524), detivo a acometida do exército francés cunha habilísima defensa de Pavia, entre outubro de 1524 e febreiro de 1525, ata que o exército imperial, reorganizado, atacou e derrotou os franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo NL da parroquia de Serén (Friol). O seu cumio acada os 555 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Foilebar (O Incio). O seu cumio acada os 1.032 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Deputado a Cortes polo Partido Nacionalista Vasco (PNV) en 1931, foi reelixido en 1933, ano en que obtivo a praza de secretario da Deputación de Gipuzkoa. Conselleiro de Xustiza e Cultura no primeiro goberno vasco (1936), fuxiu a Francia en 1937 e durante o exilio conservou o seu cargo ata que en 1960 foi designado para substituír ao lehendakari Aguirre. Regresou en 1979 e entregou os poderes do goberno no exilio o 16 de decembro dese ano. Escribiu Economía vasca (1937) e La poesía vasca en las Bellas Artes (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1567 foi ministro da Igrexa Reformada, despois da adhesión de Xoana de Albret, raíña de Navarra, ao calvinismo. Traduciu textos relixiosos, entre outros, o Novo Testamento: Iesus Christ Gure Iaunaren Testamentu Berria (1571) e Kalendrera (1571).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e caricaturista. Coñecido como Jean Effel, foi autor de diferentes libros satíricos, como La création du monde (1951), ilustrou libros e realizou debuxos publicitarios e humorísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. O seu primeiro libro de poemas publicado foi Muga beroak (Límites cálidos, 1973), na primeira parte recolle poemas da década de 1950, na segunda, un conxunto titulado “Mindura gaur” (O sufrimento hoxe), e na terceira, “Hondarrean idaltzia” (Escrito na area). Tamén é o autor de Ilargiaren eskolan (A escola da lúa, 1979) e Mimodramak eta Ikonoak (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camilo de Lelis.

    VER O DETALLE DO TERMO