Leizaola Sánchez, Jesús María de

Leizaola Sánchez, Jesús María de

Político e escritor. Deputado a Cortes polo Partido Nacionalista Vasco (PNV) en 1931, foi reelixido en 1933, ano en que obtivo a praza de secretario da Deputación de Gipuzkoa. Conselleiro de Xustiza e Cultura no primeiro goberno vasco (1936), fuxiu a Francia en 1937 e durante o exilio conservou o seu cargo ata que en 1960 foi designado para substituír ao lehendakari Aguirre. Regresou en 1979 e entregou os poderes do goberno no exilio o 16 de decembro dese ano. Escribiu Economía vasca (1937) e La poesía vasca en las Bellas Artes (1951).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Donostia

  • Deceso