"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome do xénero Chrysanthemum, que presenta follas alternas e flores en capítulos solitarios ou en grupos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Industria lítica do Paleolítico Medio que toma o nome da localidade francesa de Levallois-Perret (París). Caracterízase pola obtención de lascas procedentes de núcleos especialmente preparados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Levalloisiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo e terceiro labor que se lle dá á terra para preparala para sementar.
-
-
Que é propenso a sublevarse con facilidade.
-
Que se incomoda ou pon de mal xenio con facilidade.
-
-
-
de levantar ou levantarse.
-
Aplícase ao animal doméstico que anda en celo.
-
Aplícase ao mar encrespado.
-
Aplícase ao oso cando se representa erguido sobre as súas patas traseiras.
-
-
-
Que ou quen levanta.
-
Persoa que levanta pesos.
-
-
-
Acción e efecto de levantar ou levantarse.
-
Rebelión ou alzamento armado que ten por finalidade derrocar o poder establecido ou tentar que este cambie de traxectoria política.
-
-
Conxunto de operacións xeométricas que son precisas para realizar un plano ou un mapa topográfico, sobre o terreo ou valéndose de fotografías aéreas.
-
Plano ou mapa trazado con esta técnica.
-
Trazado que se fai nun mapa topográfico para sinalar os contornos xeolóxicos segundo os afloramentos do terreo.
-
levantamento topográfico
Conxunto de accións técnicas que se levan a cabo para determinar a dimensión, a forma e a posición dos feitos físicos e humanos dun determinado espazo para logo poder representalos nun mapa.
-
-
Dilixencia que fai un xuíz, acompañado dun médico, pola que recoñece un cadáver e pola que dá orde do seu traslado ao lugar onde se realizará a autopsia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronunciamento progresista que se iniciou o 2 de abril de 1846 en Lugo coa sublevación do segundo batallón do Regimiento de Zamora. O comandante Miguel Solís liderou as tropas, ao tempo que se constituíu unha Xunta presidida por Manuel Becerra e un novo goberno municipal. A sublevación espallouse con rapidez por Galicia e nos días seguintes as cidades de Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui apoiaron o pronunciamento. O 15 de abril celebrouse unha asemblea en Santiago de Compostela presidida por Solís, na que se constituíu a Xunta Superior do Goberno de Galicia, baixo a presidencia de Pío Rodríguez Terrazo. Ao mesmo tempo, creáronse dous corpos do exército, un dirixido por Rubín de Celis, que marchou cara a Ourense, e outro, ao mando de Solís, o Libertador de Galicia, que se dirixiu á Coruña e Ferrol. Despois do fracaso nos intentos de conquistar as tres cidades, a Xunta Superior nomeou a Solís capitán xeneral de Galicia e xefe supremo do exército, e decidiu que os dous corpos...
-
-
-
Mover algo ou a alguén cara a arriba, ou poñelo nun lugar máis alto.
-
Dirixir algo cara a arriba.
-
-
-
Poñer algo ou a alguén dereito ou en posición vertical.
-
Facer que alguén saia da cama.
-
-
Construír un edificio ou unha obra.
-
Provocar un determinado efecto.
-
Facer algo máis intenso ou incrementar algo.
-
Facer que a caza saia da súa gorida ou agocho.
-
...
-
-
-
Parte da terra situada cara a onde nace o Sol.
-
Vento que sopra do leste.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se aplica aos países, rexións e poboacións situados na costa oriental do Mediterráneo, ocupada antigamente por musulmáns e frecuentada por comerciantes cristiáns.
-
TERRITORIOS
Territorio que abarca a fachada mediterránea do Sistema Ibérico e o extremo NL das cordilleiras Béticas, incluíndo La Huerta del Segura. Xeralmente, por razóns socioeconómicas e culturais, denomínase Levante ás provincias de Castelló de La Plana, València, Alacant e Murcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado en València en 1834. Publicado orixinalmente como Diario Mercantil de Valencia, a partir de 1872 a cabeceira cambiou pola de El Mercantil. Diario de Valencia e, posteriormente, El Mercantil Valenciano, ata a Guerra Civil española. O 30 de marzo de 1939 foron incautados os obradoiros para publicar Avance e, a partir do 15 de abril de 1939, a Falange fíxose cargo do xornal, que se titulou Levante. En 1984 foi adquirido por Editorial Prensa Valenciana, pertencente a Editorial Prensa Ibérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estados que xurdiron das conquistas territoriais dos grandes señores feudais, especialmente durante a Primeira Cruzada, que aproveitaron a división temporal do Islam na rexión e ocuparon o val do río Orontes coa cidade de Antioquía (1098), que se converteu no Principado de Antioquía; Xerusalén (1099), que se transformou no Reino de Xerusalén; os territorios situados no curso superior do Éufrates, que constituíron o Condado de Edessa; e o condado de Trípoli, na costa mediterránea. A caída do Condado de Edessa (1144) levou á predicación da Segunda Cruzada. Os últimos restos dos Estados Latinos mantivéronse ata 1291.
-
-
Relativo ou pertencente a Levante.
-
Natural ou habitante deste territorio.
-
-
PERSOEIRO
Poeta, militar e filósofo. De nome Miguel de Barrios Valle, era de orixe xudía. Destacan as poesías e comedias reunidas en La flor de Apolo (1665) e Coro de las musas (1672), así como Libre albedrío y armonía del cuerpo por disposición del alma (1684).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo italiano. Escribiu numerosos traballos de romanística, como La leggenda di Don Carlos nel teatro spagnuolo del seicento (1913), e especializouse en temas hispánicos. Publicou varias monografías sobre as relacións culturais italo-catalanas recollidas en Motivos hispánicos (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina empregada no lavado da la, formada por unha barca de ferro que contén o baño de sosa e de xabrón, un tear que introduce a la na rama e uns restrelos que se moven alternativamente co fin de avanzar. Ao final, outro dispositivo de restrelos extrae a la do baño e faina pasar por un escorredoiro. Xeralmente instálanse varios en serie, formando un tren de leviatáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monstro mariño, descrito na Biblia, no Libro de Xob, que simboliza o caos das augas hostís á vida. Ten o corpo recuberto de escamas, dentes afiados, forma e cor de réptil e pode expulsar un ácido vaporizado pola boca que provoca graves queimaduras nas súas víctimas.