"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Luaces (Pol) e Martín (Baleira).O seu cumio acada os 586 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. De profesión tapiceiro e de ideoloxía anarquista, foi compañeiro de Ricardo Mella na súa militancia internacionalista na década de 1880. Foi un dos fundadores da Sociedad de Carpinteros de Santiago de Compostela (1894) ata que, trala folga de 1898, estivo na cadea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean Baptiste Pierre Antoine de Monet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lamarckista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría da evolución que expuxo Lamarck en 1809 na súa obra Philosophie zoologique. As dificultades que atopou Lamarck para clasificar as grandes coleccións de animais inferiores do Musée National d’Histoire Naturelle fixérono reflexionar sobre a noción de especie, poñer en dúbida a súa significación absoluta e estudar a posible conexión e unidade de orixe das diferentes especies. Segundo Lamarck, a natureza produciu por xeración espontánea os seres vivos máis simples (os infusorios), e os demais formáronse sucesivamente a partir deles, ata chegar á organización máis complexa (os mamíferos). Esta capacidade de complicación débese ás propiedades da mesma materia viva. Pero a idea de evolución de Lamarck non se fundamentaba na acción que as circunstancias cambiantes exercían sobre o individuo, senón que os fluídos internos do organismo eran quen de crear novos órganos modificando a estrutura dos individuos. Esta teoría resúmese en dúas leis. A primeira fai referencia ao uso máis frecuente...
-
-
Relativo ou pertencente ao lamarckismo ou a Lamarck.
-
Partidario do lamarckismo ou de Lamarck.
-
-
GALICIA
Ilustrado. Bacharel en Artes e Teoloxía, foi profesor suplente das cátedras de Teoloxía, Matemáticas e Física en Santiago de Compostela. Exerceu como mestre na Escola Eclesial compostelá de San Filipe Neri, informador do Santo Oficio durante o sexenio absolutista e párroco das parroquias de San Xoán Bautista, San Fructuoso e Santa Susana (1812-1831). En 1789 creou en Santiago de Compostela unha pupilaxe para nenos distinguidos. Escribiu Plan y Método de Educación (1799).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta canadense. É autor das composicións enmarcadas na paisaxe canadense Among the Millet (1888) e Lyrics of Earth (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bocio.
-
PERSOEIRO
Compositor, crítico e director de orquestra francés. Foi director de música na Comédie Française, entre 1962 e 1965. Na liña de Honegger escribiu o oratorio Rythmes du monde, o poema sinfónico Edina e a sinfonía Jean de la Peur (1951). Fixo tamén teatro musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘vergoña’.
-
PERSOEIRO
Orador latino. Estableceu unha escola de retórica en Roma, onde foi mestre de Ovidio. Séneca, Plinio e Quintiliano gabárono. Atribúeselle un tratado de retórica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paxaro de ata 17,5 cm, cabeza, peito e partes superiores pardas con listas máis escuras en contraste coas partes inferiores cun ton entre branco e ocre. A parte anterior da cara é pálida e destaca unha curta crista na cabeza, que levanta cando se excita. Ten un voo irregular e move as ás de forma rápida producindo un voo ondulante. As lavercas regresan en pequenos grupos despois de ter invernado na conca do Mediterráneo e aos poucos días, empezan a cantar e realizan a súa primeira posta. O niño sitúase nunha depresión no chan. Comunmente ten catro ovos, postos entre maio e xuño e pode haber dúas roladas anuais. Aliméntase tanto de herbas e sementes de plantas silvestres ou grans de trigo ou centeo, como de arañas e insectos. É unha ave de distribución paleártica, que non está presente nas áreas máis setentrionais, pero si no N de África. É sedentaria en toda a Península Ibérica, con individuos invernantes. En Galicia repártese pola totalidade do territorio, ata os 1.600 m. É moi común na...
-
-
Que ou quen é astuto e malicioso.
-
Que ou quen é moi falador e lizgairo.
-
-
PERSOEIRO
Capuchino. Coñecido como de Père Joseph, desde 1624 foi conselleiro de Richelieu e o seu axente en política exterior, feito que lle valeu o sobrenome de eminencia gris. A súa oposición a Austria, provocou a intervención francesa na Guerra dos Trinta Anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor arxentino. Ao instalarse en París en 1958, abandonou a pintura abstracta e creou en 1960 o Groupe de Recherche d’Art Visuel, para investigar os efectos visuais da luz e do movemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico inglés. Coñecido como Cary Grant, foi o galán por antonomasia da comedia estadounidense. Participou en numerosos filmes, entre os que destacan I’m no Angel (1933), Arsenic and Old Lace (1944), Night and Day (1946), Indiscreet (1958), North by Northwest (1959), That Touch of Mink (1962) e Walk don´t Run (1966). En 1969 concedéronlle un Oscar honorífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Philippe-Marie de Hauteclocque.
-
PERSOEIRO
Naturalista francés, conde de Buffon. Foi admitido como membro da Académie des Sciences en 1739, e aquel mesmo ano foi nomeado intendente do Xardín Real de París, que converteu en centro de formación e de investigación. Describiu e interpretou os fenómenos naturais, e sintetizou os coñecementos adquiridos na obra Histoire naturelle (1749-1804) de 44 volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico francés. Superior xeral da congregación do Espírito Santo, foi arcebispo de Dakar (Senegal) en 1955, e bispo de Tulle (Francia) en 1962. Desenganado das reformas do Concilio Vaticano II, en 1969 abandonou a súa sé episcopal para entregarse á fundación da Fraternidade de San Pío X. Suspenso en divinis por Paulo VI en 1976, continuou exercendo funcións episcopais en diversos países. A consagración de catro bispos tradicionalistas en Ecône (1988) levouno á excomuñón por parte do Vaticano.
VER O DETALLE DO TERMO