Lefebvre, Marcel
Lefebvre, Marcel
Eclesiástico francés. Superior xeral da congregación do Espírito Santo, foi arcebispo de Dakar (Senegal) en 1955, e bispo de Tulle (Francia) en 1962. Desenganado das reformas do Concilio Vaticano II, en 1969 abandonou a súa sé episcopal para entregarse á fundación da Fraternidade de San Pío X. Suspenso en divinis por Paulo VI en 1976, continuou exercendo funcións episcopais en diversos países. A consagración de catro bispos tradicionalistas en Ecône (1988) levouno á excomuñón por parte do Vaticano.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tourcoing, Flandres -
Deceso
Lugar : Martigny, Valais