"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Pintora británica. Entre 1910 e 1914 estudiou na Slade School of Art de Londres, onde coñeceu a Mark Gertler, quen a introduciu no grupo de Bloomsbury. Nas súas obras empregou diferentes soportes como o cristal, os azulexos e os enreixados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora inglesa. Estudiou debuxo e pintura na academia de Amédée Ozefant en 1936 e, ao ano seguinte, coñeceu a Max Ernst, quen a introduciu no círculo dos surrealistas de París e con quen colaborou na escenografía de Ubu Roi (1938), de Alfred Jarry. En 1938 expuxo cos surrealistas en París e Amsterdam. En 1943 coñeceu o mecenas Edward James. Dende aquela, e logo dunha estancia en Nova York e Chicago (1985 e 1988), viviu en Ciudad de México, onde desenvolveu unha actividade pictórica encadrada no surrealismo. Cara ao 1941 colaborou coas publicacións View e VVV. Entre as súas obras destacan Autorretrato (1938), The Meal of Lord Candlestick (A comida de lord Candlestick, 1938), Pain Chant (Canto de sufrimento, 1947), Kabala (Cábala, 1960) e Labyrinth (Laberinto, 1991). Escribiu os contos fantásticos La dame ovale (A dama oval, 1939), a novela curta Little Francis (A pequena Francis, 1937) e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peter Alexander Rupert Smith.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Foi o primeiro en rexistrar a observación dunha erupción solar e estudiou as manchas solares. Descubriu que na rotación do Sol, a velocidade depende da latitude, de xeito que a rotación do ecuador solar é máis rápida ca a da resta da esfera. Publicou Catalogue of 3735 circumpolar stars observed at Redhill (Catálogo de 3.735 estrelas circumpolares observadas en Redhill, 1857) e o libro Observations of the solar spots (Observacións dos puntos solares, 1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto articulado de vértebras que sostén o esqueleto tanto dos animais coma das persoas.

    2. Cume dunha serra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Deza pola esquerda. Nace na parroquia de Losón, no concello de Lalín. O seu curso adopta unha direccción xeral L-O, aínda que dentro dela varía alternativamente adaptándose á tectónica. Serve de límite entre as parroquias de Losón (concello de Lalín) e Bodaño (concello da Vila de Cruces) e despois volve penetrar na parroquia de Losón, que abandona preto da súa desembocadura, ao entrar no concello da Vila de Cruces. Neste último treito delimita as parroquias de Fontao, ao N, e San Pedro de Losón, ao S, ata a fronteira coa parroquia de Saídres, no concello de Silleda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato formado por unha base horizontal que serve de asento, suspendido con cordas ou cadeas dunha árbore ou dunha barra, e que serve para sentar e balancearse nel como diversión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empurrar algo ou a alguén que está sentado nunha carriola de forma que se balancee adiante e atrás.

    2. Impulsarse unha persoa sentada nunha carriola para moverse adiante e atrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Castela e León, na conca do Duero, afluente do Pisuerga pola dereita (178 km). Nace en Peña Prieta, na Cordilleira Cantábrica, e ten un réxime pluvionival cunha forte estiaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen camiña de forma lenta e sen axilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao NL da provincia (2.620 h [1996]). Está drenado polo río Guadiana. A economía baséase na plantación de cereais, oliveiras, hortalizas e algodón, así como na gandería bovina, na avicultura e na cunicultura. Dentro do termo está a fortaleza de Calatrava, en ruínas, que foi o primeiro establecemento da orde homónima (1158).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no sector occidental da provincia, no límite con Huelva (2.257 h [1996]). Baña o termo o río Cavallón. Ten unha produción agrícola mediterránea baseada nos cereais, na oliveira e na viña. Pertenceu á orde de Calatrava ata o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, drenado polo río Carrión (2.545 h [1996]). A economía é principalmente agrícola (cereais, forraxe e hortalizas) e gandeira (ovina). No ano 1113 tivo lugar a batalla que forzou a Afonso I de Aragón a renunciar ao seu expansionismo militar a favor de Afonso VII o Emperador. A cidade de Carrión de los Condes conserva, ademais de restos das murallas medievais, as igrexas románicas de Santiago e Santa María e o mosteiro de San Zoilo, de orixe románica, cun claustro renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. Formou parte da comisión técnica encargada polo goberno da República para a redacción do proxecto de reforma agraria despois do triunfo da Fronte Popular. Foi catedrático da Escuela de Ingenieros Agrónomos de Madrid, que dirixiu desde 1936 a 1939. Expulsado en 1939, dirixiu a estación de viticultura e enoloxía de Requena ata 1961. Fundou a Unión de Viticultores de Levante e a Confederación Nacional de Viticultores, ademais das revistas Acción Vitícola e La Semana Vitícola. Publicou a obra Los latifundios de España (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contenda que tivo lugar (1113-1114) en Carrión de los Condes (Palencia), na que o exército dos partidarios de dona Urraca e do seu fillo, Afonso VII o Emperador, derrotou o exército de Afonso I de Aragón o Batallador. O enfrontamento tivo a súa orixe na coroación de Afonso VII o Emperador como rei de Galicia no ano 1110, co que diminuían as posibilidades de Afonso I de Aragón de unificar na súa persoa as coroas de Castela e Aragón, como xa intentara ao casar con dona Urraca, filla de Afonso VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma clínica da bartonelose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ecuatoriano. Foi deputado pola provincia de Ecuador na Convención Nacional reunida en Cuenca no ano 1845. En 1846 exerceu como gobernador de Azuay. Foi presidente da República de Ecuador entre 1865 e 1867.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Foi mestre de capela da catedral de Mondoñedo desde 1687 ata 1690, ano no que se trasladou á catedral de Ourense e, posteriormente, á da súa cidade natal. Da súa numerosa produción musical, conservada case toda en Segovia, destaca o vilancico en galego Tumbe e retumbe o penadeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leito polo que discorre unha corrente de auga rápida e intermitente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Seteventos, no concello do Saviñao. O seu cumio acada os 603 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO