"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza militar constituída en marzo de 1912 por Serbia, Bulgaria, Montenegro e Grecia, países cristiáns ortodoxos, co obxetivo de expulsar os otomanos de Europa Oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en Santiago de Compostela en 1898, froito da escisión entre o nacionalismo coruñés vagamente liberal, capitaneado por Manuel Murguía, e o tradicionalista e católico santiagués de Alfredo Brañas. Presidida por Cabeza de León, contaba con Brañas na secretaría, que tratou de poñer o potencial rexionalista ao servizo do carlismo, o que axiña provocou o rexeitamento da Liga da Coruña. En 1900 o movemento entrou en crise, cando perdeu parte da súa base, que se achegara ao rexionalismo como defensa fronte á crise económica. A morte de Brañas nese ano marcou a fin do movemento en Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron distintas coalicións durante os ss XV e XVI. A primeira constituíuse entre 1495 e 1496 e estivo integrada polo Papa Alexandre VI, Fernando o Católico, Milán,Venecia e Maximiliano I de Austria contra Carlos VIII de Francia, que foi derrotado. A segunda, promovida polo Papa Xulio II entre 1508 e 1512, uniu de novo a España, Inglaterra, Venecia e os Habsburgo contra Luís XII de Francia e malia que os franceses venceron na Batalla de Ravenna, tiveron que abandonar o Ducado de Milán. A terceira, denominada tamén Liga de Lepanto, uniu os Estados Pontificios, Venecia e España contra os turcos despois da toma de Chipre (1570). Ao mando de Xoán de Austria derrotaron os turcos en Lepanto (1571). A cuarta liga, coñecida tamén como Santa Unión ou Liga Católica, constituíuse como un movemento católico francés en resposta á Unión Calvinista (1576), que recibiu o apoio de España. Despois do pacto entre a Liga e Enrique IV de Francia (1593) os españois retiráronse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de ións ou de moléculas non metálicas que, nun complexo, envolven un ión metálico central. Os ligandos dan lugar a un campo eléctrico denominado campo dos ligandos.
-
-
aglutinante.
-
Aglomerante que se utiliza para unir o material granular dun conglomerado e convertelo, ao se endurecer, nunha masa sólida de reoloxía característica. Entre os ligantes que se utilizan en construción e obras públicas están os ligantes hidráulicos, que actúan principalmente por hidrólise ou por reaccións químicas (cemento pórtland ou cal) e os ligantes bituminosos, en que o endurecemento se produce por redución da temperatura, evaporación ou ruptura do solvente dun produto bituminoso.
-
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro agrónomo e profesor. Foi director do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, director xeral de Estruturas e Desenvolvemento Rural e Agricultura na Xunta de Galicia, vogal do Consello Rector do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria e xerente do Consorcio da cidade de Santiago. Das súas obras destaca Interpretación de análises de suelos (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Considerado o primeiro narrador realista e o primeiro poeta moderno da literatura estoniana, comezou escribindo contos. A súa poesía, que combina o drama humano coa traxedia do seu pobo, está recollida en Luuletused (Cantos, 1909). Das súas obras destacan Kümmelugu (Dez historias, 1893), Vari (A sombra, 1894) e Nõia tütar (A filla do mago, 1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora belga. Coñecida como Françoise Mallet--Joris, triunfou coa novela Le rempart des béguines (1952). Da súa produción tamén destacan La chambre rouge (1953), Les mensonges (1956), L’empire céleste (Premio Femina 1958), Dickie-roi (1980) e Un chagrin d’amour et d’ailleurs (1981). Formou parte da Academia Goncourt.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ao país imaxinario de Lilliput ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do país imaxinario de Lilliput.
-
-
Que ou quen é moi pequeno, especialmente referido a unha persoa.
-
-
IGREXAS
Igrexa situada en Oviedo. De estilo prerrománico, foi construída en tempos de Ramiro I. Orixinariamente tivo planta de tres naves separadas por columnas, cunha tribuna de cachotería aos pés, que tiña un uso rexio. Só se conserva o pórtico, con dúas cámaras aos lados, e o primeiro tramo das tres naves. Declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1885) é, xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias, Patrimonio da Humanidade desde 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político polaco. Foi un dos que introduciu o socialismo en Polonia. Membro do comité revolucionario de Vilnius (1861), foi arrestado e deportado a Arkhangel’sk. Amnistiado en 1868, presidiu en París o congreso fundador do partido socialista polaco (1892) e representouno no parlamento de Varsovia desde 1919. Das súas obras destaca Historia das institucións do pobo polaco (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos limántridos.
-
Insecto da familia dos limántridos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidóteros, de tamaño medio, voo preferentemente nocturno e dimorfismo sexual acentuado. Os machos son de cor marrón e as femias de cor branca grisácea algunhas delas ápteras. Moitas eirugas son gregarias e causan estragos en bosques e cultivos. As especies do xénero Lymantria, como L. dispar, son os lepidópteros máis devastadores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iluminadores de manuscritos de orixe holandesa, chamados Herman, Jean e Paul , falecidos os tres en 1416. A súa obra anunciou a análise naturalista da paisaxe e expresou formalmente o estilo o gótico internacional. Paul e Jean traballaron para o duque Filipe II de Borgoña, e xunto a Herman, a partir de 1411 para o duque Xoán de Berry para quen iluminaron as Belles Heures e as Très Riches Heures.
-
-
Que limita.
-
Aplícase ao factor ambiental que inflúe no crecemento, distribución ou calquera outra resposta dun determinado organismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto de auga doce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea, perenne, acuática, que presenta follas alternas, peltadas e flotantes, flores pentámeras, actinomorfas e froito en cápsula. É unha planta propia das rexións temperadas de Europa e Asia. En Galicia a súa presenza no sistema fluvial do Miño coñécese desde o s XIX.
-
-
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia (1984), foi secretario da Fundación Castelao (1990-1999) e membro da súa xunta rectora desde o 2000. Traballou en Encrucillada (1984-2002) e na Revista Galega de Ciencias Sociais (2003). Escribiu O Val de Barcala (1900-1936). Agrarismo, vida política, emigración e cultura (1988), Negreira na guerra do 36 (1995) e Feiraco, 25 anos (1969-1994) (1995) e Un modelo de Agroindustria cooperativa (1995), e foi coautor do Dicionario Eladio Rodríguez (2001) e do Dicionario Antón Avilés de Taramancos (2003). Recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo (1985), o Premio Vila de Negreira de Xornalismo (1989) e de Historia (1991) e a Medalla de Ouro do Concello de Negreira (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, irmán de Maximiliano Linares Rivas. Na Coruña liderou o Partido Unionista. Foi ministro de Gracia e Xustiza (1883-1884) polo Partido Constitucional e ministro de Fomento con Cánovas (1891-1892) e (1895-1897) e senador vitalicio. Escribiu La Primera cámara de la Restauración. Retratos y Semblanzas (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, irmán de Aureliano Linares Rivas. Gobernador civil da Coruña, representou o distrito de Ferrol na Diputación Provincial da Coruña (1880-1886). Obtivo a súa primeira representación como parlamentario no 1892. Elixido senador en 1893, foi reelixido sucesivamente en 1896 e 1899.
VER O DETALLE DO TERMO