"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
REXIÓNS
Rexión asiática de Turquía. A península de Anatolia está constituída por un núcleo antigo, a Plataforma Central (con 700 m de altitude media ao O e 400 ao L), ao redor da que se sitúan os cordais do dobramento alpino: montes do Ponto ao N e montes Tauro ao S. O clima da Plataforma Central é continental; os ventos son secos e a vexetación é esteparia. Na costa as temperaturas son máis suaves e hai máis humidade. O ámbito que comprende o nome de Anatolia foi aumentando co paso dos séculos. Na época bizantina, Anatolia era un distrito militar no O da Península; a comezos da época otomana era a parte asiática do imperio que comprendía o O e o N da Península; o actual estado turco comprende, administrativamente, a totalidade do territorio asiático, incluídos os sectores armenio e mesopotámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Anatolia.
-
Culturas desenvolvidas en Anatolia ou Asia Menor.
-
Grupo lingüístico indoeuropeo que comprendía, durante o segundo milenio a C, a maior parte das linguas da Asia Menor.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo humano anatólido ou aos individuos que o integran.
-
Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo. Este grupo humano, recoñecido en diferentes sistemáticas raciais como raza (na que se integraba a subraza arménida), considérase como a variante oriental do grupo humano dinárico ou dinárico-anatólido.
-
-
-
-
Ciencia que estudia a estrutura dos seres vivos baseándose na observación mediata ou inmediata e recorrendo, polo xeral, á disección. Distínguense a anatomía animal, da que forma parte a anatomía humana, e a anatomía vexetal.
-
Arte de disecar ou separar as partes dun ser vivo para descubrir a súa situación e estrutura.
-
Estudio da estrutura dun ser vivo mediante a disección das partes que o integran.
-
Estrutura dun ser vivo.
-
Disección ou separación das partes que integran un ser vivo.
-
-
Análise sutil.
-
-
anatomía comparada
Rama da anatomía que ten por obxecto o estudio anatómico comparativo dunha mesma estrutura (un órgano, un aparello, etc) en diferentes seres vivos co fin de establecer analoxías e homoloxías ou diferencias. Foi Cuvier, o ‘pai da anatomía comparada’ quen, ao publicar (1800-1805) as súas Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada), sistematizou, ordenou e valorou debidamente esta ciencia.
-
anatomía descritiva
Rama da anatomía que estudia de xeito analítico a localización, a forma e o desenvolvemento das partes (órganos, aparellos, etc) dos seres vivos.
-
...
-
anatomía comparada
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á anatomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao estudo e á investigación dentro do campo da anatomía.
-
-
Disecar, executar ou realizar a anatomía dun corpo.
-
Discernir minuciosamente, analizar sutilmente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en anatomía patolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
anatomía patolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que provoca que algunhas células, ao transformar unhas substancias noutras de potencial osmótico maior, eleven a súa presión osmótica e, polo tanto, a súa turxencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de trastornos psíquicos -entre os que sobresae a depresión- producidos en determinados individuos que levan un certo tempo fóra do seu país e non se dan adaptado debido a que se atopan nun ambiente que ofrece unhas condicións de vida completamente distintas ás súas.
-
LOCALIDADES
Localidade situada ao NL de Xerusalén. Salomón confiouna ao sacerdote Abiatar. Foi tamén a patria do profeta Xeremías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina microbiana atenuada que perdeu unha parte das súas propiedades tóxicas; sen embargo, aínda conserva as propiedades antixénicas, capaces de crear inmunidade. Constitúen a base das vacinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do primordio seminal que sufriu un xiro de 180°, de xeito que o micrópilo queda orientado cara á base do funículo, que resulta soldado polo tegumento externo.
-
XACEMENTOS
Xacemento arqueolóxico do Turkmenistán escavado dende 1904 por Pumpelly; serviu de base á teoría do oasis ou desecación para explicar a orixe da produción dos alimentos. Segundo esta teoría, por consecuencia do clima seco xeneralizado, os cazadores-recadadores víronse obrigados a reunirse arredor dos oasis e conquistar novos medios de subsistencia a través da domesticación das plantas e dos animais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de alúmina hidratado, Al2O3 (SiO2)3· 2H2O, do grupo dos caolíns. É un produto da alteración dos anfíboles e dos piroxenos.
-
-
Ferir cunha navalla ou outra arma branca.
-
Dar forma de navalla a algo.
-
-
PERSOEIRO
Pensador grego. Recuperou a temática da escola de Mileto tendo en conta a crítica dos eleáticos. Na súa obra Sobre a natureza afirmaba que “todo está en todo”, que en cada partícula material se atopan as propiedades de todas as cousas (doctrina dos homeomerios, como as designou Aristóteles). Foi o primeiro en imaxinar un principio motor intelixente e separado da materia, o intelecto ou Noûs, que identificaba co principio de animación e de individualización das cousas. Descubriu que a Lúa recibe a luz do Sol e explicou as eclipses de Sol e de Lúa; practicou a disección de animais; estudiou a anatomía cerebral e descubriu que os peixes respiran por branquias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Evolución progresiva, motivada por un cambio xenético gradual e dilatado no tempo, que determina a transformación dunha especie noutra diferente nunha mesma liñaxe de organismos, na que se intensifica o ritmo de expansión. A anaxénese considérase coma unha modalidade evolutiva fundamental na teoría sintética da evolución. Non obstante , os defensores dos equilibrios puntuados inciden na importancia da cladoxénese e da radiación adaptativa no proceso evolutivo. A evolución humana é un dos exemplos desta controversia entre os paleoantropólogos. Os partidarios da anaxénese defenden unha única liña evolutiva dende o Australopithecus afarensis ata o Homo sapiens; pola contra, os defensores da cladoxénese demostran a existencia dunha radiación adaptativa hai uns seis millóns de anos, segundo esta hipótese terían coexistido diversos tipos de homínidos en África oriental.
-
Reprodución ou rexeneración dos tecidos orgánicos.
-