anaxénese

anaxénese

( Ž ένεσις‘nova producción’)

  1. s f [BIOL]

    Evolución progresiva, motivada por un cambio xenético gradual e dilatado no tempo, que determina a transformación dunha especie noutra diferente nunha mesma liñaxe de organismos, na que se intensifica o ritmo de expansión. A anaxénese considérase coma unha modalidade evolutiva fundamental na teoría sintética da evolución. Non obstante , os defensores dos equilibrios puntuados inciden na importancia da cladoxénese e da radiación adaptativa no proceso evolutivo. A evolución humana é un dos exemplos desta controversia entre os paleoantropólogos. Os partidarios da anaxénese defenden unha única liña evolutiva dende o Australopithecus afarensis ata o Homo sapiens; pola contra, os defensores da cladoxénese demostran a existencia dunha radiación adaptativa hai uns seis millóns de anos, segundo esta hipótese terían coexistido diversos tipos de homínidos en África oriental.

  2. s f [BIOL]

    Reprodución ou rexeneración dos tecidos orgánicos.

Palabras veciñas

anauxita | anavallar | Anaxágoras | anaxénese | anáxeno -na | anaxial | Anaximandro