"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Licenciada en Belas Artes e profesora de Comunicación Audiovisual na Universitat Politècnica de València a partir de 2002, expuxo en València (1990), Gandía (1992) ou Vigo (1996). Participou noutras mostras colectivas como a Exposición Universal de Mie (Xapón) e a VII Fotobienal de Vigo (1996), ademais de formar parte da colección permanente do CGAC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Foi ministro de Educación (1980-1981) e de Educación, Universidades e Investigación (1981). Exerceu como director corporativo en Repsol (1995-2002). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra). O edificio orixinal tiña planta rectangular e sufriu varias reformas desde o s XV. Engadíuselle unha capela, co que quedou conformada unha estrutura en L. Destaca a fonte pétrea do xardín. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Orto (Abegondo). Conserva unha torre de forma cúbica do s XVII unida ao edificio central, máis antigo. En ambos os dous corpos destacan os escudos de armas. O patín presenta balaustrada de ferro, que contrasta coa de madeira da fachada posterior. Presenta un muro de peche, en cachotaría, con portón de entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado dos glícidos que se obteñen por reacción destes cun exceso de fenilhidrazina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi conselleiro de Economía (1983) e conselleiro maior do Consello de Contas (1991-2000). Dirixiu o Colexio Universitario de Vigo e a Universidad del Atlántico. Escribiu En torno a la teoría del desarrollo económico. (Desarrollo económico italiano) (1963), Una investigación sobre la influencia de la economía en el derecho (1966), Estudios de economía gallega (1984) e Clásicos del pensamiento económico y financiero. Reflexiones sobre las corrientes tradicionales del pensamiento económico (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Trasalba (Ourense), na casa que fora propiedade de Otero Pedrayo e que se converteu, tras a súa morte, en sede da Fundación Otero Pedrayo, así como da exposición dos que foran os obxectos persoais do autor e a súa biblioteca persoal. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Catedrático de Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación na Universidade de Santiago de Compostela desde 1995, entre 1994 e 2003 dirixiu a Escola de Formación de Profesorado de Lugo. Especializouse no estudo da Institución Libre de Enseñanza e desenvolveu ademais liñas de investigación relacionadas coa historia do excursionismo escolar e as conexións entre infancia e educación militarista. Das súas publicacións destacan Las Misiones Pedagógicas: una experiencia de educación popular (1982), Manuel Bartolomé Cossío. Trayectoria vital de un educador (1994), Manuel Bartolomé Cossío. Pensamiento pedagógico y acción educativa (1994), Francisco Giner de los Ríos Religius’ Conception of Religius Education: Insights Afforded by an unpubliched Text (1999), La formazione dei maestri in Spagna: un approccio storico (2000), Francisco Giner, a escola primaria e a universidade (2001) e Giner y Cossío en el verano de 1883. Memoria de una excursión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (41.550 km2; 695.000 h [estim 1994]). A súa capital é Ouarzazate (39.203 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Reinante (Barreiros). A estrutura orixinal tiña un corpo central con dúas torres anexas nos lados, das que a da dereita foi derruída e no seu lugar levantouse un edificio de grandes dimensións. Na fachada destaca o escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilatuxe (Lalín). Ten planta en forma de L. No interior da escuadra presenta unha escaleira exterior cuberta con tellado sobre pilastras. Nunha das fachadas discorre a solaina á que se accede desde o exterior. No portón de entrada destaca o escudo de armas dos Taboada, Puga, Mondragón e López Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Portas. Edificouse en 1407 e sufriu reformas no s XVIII. Ten planta en forma de L. No patio de entrada destaca un arco con doelas de grandes dimensións e a cuberta é a catro augas. O escudo de armas fai referencia aos Somoza, Lousada, Abraldes e Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se presenta en forma de pos amarelos, amargos, insolubles en auga e pouco solubles en alcohol, éter e cloroformo. Emprégase como relaxante muscular e tranquilizante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos heterocíclicos isómeros que consisten nun anel carbonado de seis membros que contén á vez un átomo de osíxeno e un de nitróxeno. A perhidro-1,4-oxazina emprégase como disolvente básico e na preparación de enaminas. A fenoxazina é a estrutura fundamental de moitos colorantes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico que consiste nun anel carbonado de cinco membros que contén á vez un átomo de osíxeno e un de nitróxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos heterocíclicos que derivan do oxazol por hidroxenación dun dos dous dobres enlaces da súa estrutura. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos carbonílicos que derivan das oxazolinas por substitución dun grupo metileno por un carbonilo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Ten planta rectangular con baixo e piso, ao que se engadiron dous anexos que conformaron un patio interior. A fachada principal, rematada na esquina cunha torre con ameas, ten dous escudos de armas e un balcón. A lateral esquerda ten dúas gárgolas e dous balcóns. Na horta hai un hórreo e un pombal de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Oza dos Ríos. Trátase dunha vivenda de planta rectangular no interior dunha explotación forestal, da que destaca a capela anexa con posibilidade de acceso exterior polo presbiterio. Ten pombal e hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cira (Silleda). Construído en 1717, trátase dun edificio de planta rectangular con dúas ás que se abren cerrando un patio. No extremo dunha delas hai unha torre con ameas, que se construíu na década de 1940. Nunha das súas fachadas laterais destaca o soportal de arcos de medio punto rematado nunha balaustrada.

    VER O DETALLE DO TERMO