"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Relativo ou pertencente ao home de Neanderthal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos odonatos, que presentan corpo delgado e cor verde metálica. Atópanse en Europa, Asia e América, e os seus principais representantes son N. speciosa e N. irene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo escocés. Contrario ao sistema represivo das escolas tradicionais, en 1924 fundou Summerhill, onde suprimiu todo autoritarismo, xerarquía e disciplina. Das súas obras destacan The Free Child (1953), Summerhill. A Radical Approach to Child Rearing (1960) e Talking of Summerhill (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Láncara. De estilo románico, adáptase ao tipo de igrexa rural. A ábsida atópase á mesma altura ca a nave, cun tramo rectangular de bóveda de canón e a cabeceira semicircular en cuarto de laranxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Publicou contos, poemas e vaudevilles, e fundou a revista Sovremennik. O triste destino dos pobres da capital foi o tema do libro Peterburgskie ugly (Rincóns de Peterburgo, 1845). A súa poesía enriqueceuse co espírito progresista da época, como en N’esčastnye (Os desgraciados, 1856). Influíu de forma decisiva na poesía rusa e soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 250) Mártir. Foi detido durante a persecución de Decio e martirizado na fogueira xunto con bandidos e ladróns da cidade. A súa festividade celébrase o 19 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos neobalénidos.

    2. Cetáceo da familia dos neobalénidos.

    3. Familia de cetáceos, da suborde dos misticetos, que presentan o corpo de cor gris azulada, sen pregamentos cutáneos na gorxa e no ventre, cunha pequena aleta dorsal falciforme e un gran número de barbas curtas. Habita os mares meridionais. A única balea desta familia é a balea pigmea Neobalaena marginata que, cuns 6 m de lonxitude, é a especie máis pequena da suborde dos misticetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Nova Caledonia ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Nova Caledonia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo neocaledonio.

      2. Individuo do pobo neocaledonio.

      3. Pobo que habita na illa de Nova Caledonia, en Melanesia. É un dos representantes máis puros da raza melanesia, coa pel moi escura, case negra, o corpo robusto e os membros curtos e fortes. Viven da práctica dunha agricultura moi rudimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nepal ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nepal.

    3. Lingua indoirania do phylum indoeuropeo que se fala en Nepal.

    4. Arte desenvolvida en Nepal. Ten unha tradición chinesa, india e tibetana. De tellados curvilíneos ou ben de ángulos secos, emprega a madeira e o ladrillo e con frecuencia as paredes aparecen recubertas de bronce cicelado. No comezo do s X desenvolveuse unha importante escola de pintura de manuscritos sobre palma. Destacan o templo de Pashupati e a estatua do deus Bhaivai en Katmandú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aleksandr Sergejevič Skobelev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Ideou un sistema de agrupación de elementos químicos baseándose na súa obra Lei dos octavos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor e director de animación. Emigrado a Cuba, realizou as curtametraxes El gallito de papel (1963) e La saladomaquia (1965). En 1965 trasladouse a París para dirixir o programa infantil da RTF Le manege enchantée, un clásico da animación infantil en Francia e Reino Unido. Director e creador das personaxes de Barrio Sésamo para TVE, en 1983 impulsou, como director de La 2 a realización de programas como Documentos TV ou Metrópolis. Foi presidente de Organización Mundial das Televisións Públicas (INPUT) e colaborou coa UNESCO na difusión de programas de televisión de carácter internacional. En 1998 produciu e realizou a serie Federico García Lorca, retrato de familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Fundou a Biblioteca Municipal de Baiona e cultivou a pintura e o debuxo. Da súa obra destaca Contribución a una bibliografía de Bayona La Real (1973), Guía monumental ilustrada de Pontevedra (1980) e a carpeta de debuxos Homenaxe a Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresaria. Coñecida como Elizabeth Arden, educouse en Canadá e naturalizouse estadounidense, abrindo o seu primeiro salón de beleza en Nova York en 1910. Considerou a saúde e o repouso coma os fundamentos da beleza, de aí a súa idea de crear “granxas de beleza”, en Maine e en Arizona, onde se levaban a cabo curas de repouso. Máis de douscentos salóns levan o seu nome polo mundo enteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enfermeira italiana. Naturalizouse británica, e durante a Guerra de Crimea (1854-1855) organizou hospitais de campaña, e no seu regreso a Londres creou, no hospital de Saint Thomas, unha importante escola de enfermeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica e cantante. Coñecida como Imperio Argentina, actuou no teatro de variedades por América do Sur e España. Debutou no cine con La hermana San Sulpicio (1927), e destacou polos seus papeis en comedias ou en películas folclóricas ambientadas en Andalucía, como Morena Clara (1936) ou Carmen, la de Triana (1938). Recibiu o Premio Goya en recoñecemento á súa carreira cinematográfica (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sicilia ? - Roma ?) Virxe e mártir. Confesou publicamente que Xesús Cristo era o verdadeiro Deus. É a patroa de Palermo, capital de Sicilia. A súa festividade celébrase o 10 de novembro aínda que a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao pé da serra de Alta Coloma e drenado polo río de Valdearazo (2.208 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de regras que pretenden ser unha norma do galego de Asturias. Na súa redacción partiuse de dous principios básicos: a) as falas do estremo occidental de Asturias son variedades do galego oriental e b) o referente é o galego común, pero respectando a personalidade lingüística das variedades galegas da Terra Eo-Navia. Foron publicadas en setembro de 1990 pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA) e redactadas por unha comisión constituída por Xosé Carlos Álvarez Blanco, Xoán Babarro González, Francisco Fernández Rei, Celso Martínez Fernández, Antonio Meilán García e Antón Fernández Santamarina. Son as normas que se empregan na revista Freita e nas diversas publicacións da MDGA.

    VER O DETALLE DO TERMO