Nightingale Graham, Florence
Nightingale Graham, Florence
Empresaria. Coñecida como Elizabeth Arden, educouse en Canadá e naturalizouse estadounidense, abrindo o seu primeiro salón de beleza en Nova York en 1910. Considerou a saúde e o repouso coma os fundamentos da beleza, de aí a súa idea de crear “granxas de beleza”, en Maine e en Arizona, onde se levaban a cabo curas de repouso. Máis de douscentos salóns levan o seu nome polo mundo enteiro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Toronto -
Deceso
Lugar : Nova York