"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Relativo ou pertencente aos lusitanos.
-
Individuo do pobo lusitano.
-
Pobo ibérico preindoeuropeo que recibiu importantes contribucións indoeuropeas e que ocupou os territorios que se estendían entre o Douro e o Guadiana, que incluían a zona occidental da Meseta e unha parte da actual Extremadura, e que deu nome á provincia romana de Lusitania. Habitaron un territorio densamente poboado pero escasamente urbanizado. A súa economía dependía da agricultura e da práctica da gandería, que se complementaba coa caza e a pesca. A súa principal riqueza mineira era o ouro que se extraía da area aurífera do Tejo, pero suponse que tamén explotaron os xacementos de estaño, chumbo e cobre da rexión, ben coñecidos en época romana. A conquista da Península Ibérica polos romanos levounos a enfrontarse cos lusitanos desde o 190 a C. Despois de acadar importantes vitorias contra os romanos, especialmente baixo o mando de Viriato entre os anos 147 e 138 a C, tralo seu asasinato a resistencia foi esmorecendo e refuxiáronse nas montañas, ata que en época de Augusto foron definitivamente...
-
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Traballou nos xornais El Miño de Ourense, Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa e Galicia Moza, onde coincidiu con Castelao. Vinculado ao agrarismo desde 1912, foi un dos sete asinantes do Manifesto de Ourense. Ao ano seguinte pasou a dirixir o xornal voceiro de Acción Gallega, El Heraldo Gallego, e o semanario vigués La Crónica. En 1915 trasladouse a Madrid onde colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. Volveu a Galicia en 1918 e escribiu en La Zarpa, Vida Gallega e Galicia, ademais de colaborar co xornal barcelonés La Publicidad e os madrileños El Sol e La Sornada. Abandonou o movemento agrarista en 1922, ao que consideraba traidor a Galicia por terse presentado ás eleccións ao Parlamento español. Posteriormente dirixiu Faro de Vigo e foi asasinado pouco despois do alzamento militar de 1936. Como escritor destacan as novelas Pandemonium (1917) e La Fraticida, publicada en Correspondencia de España, a obra de teatro La hora grande e o ensaio El primer...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Piso do Eoceno, posterior ao Bartoniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona gonadotrópica sintetizada e segregada polo lóbulo anterior da hipófise que favorece a maduración do folículo, a ovulación, o desenvolvemento do corpo lúteo ou amarelo e a secreción de estróxenos e de proxesterona polo ovario. A hormona equivalente no home estimula a secreción de testosterona por parte das células intersticiais do testículo ou células de Leydig.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto doutrinal e movemento cristián que tivo a súa orixe en Martiño Lutero. Os seus documentos confesionais son os dous catecismos de Lutero (1529), a Confesión de Augsburgo (1530), a apoloxía de Augsburgo (1531), os artigos de Esmalcalda (1537) e a Fórmula da Concordia (1577). Os seus puntos básicos son a xustificación pola soa fe, a palabra de Deus como norma exclusiva de fe, a salvación pola imputación dos méritos de Xesús Cristo, o sacerdocio universal dos fieis, o concepto de memorial para suscitar a fe aplicada aos dous sacramentos aceptados, bautismo e eucaristía, pero principalmente referido á eucaristía ou cea, da que se exclúe toda referencia ao sacrificio; e o concepto de Igrexa como congregación dos santos. Comezou a implantarse despois da Dieta de Worms (1521), e a repercusión das ideas luteranas no ámbito social provocou, entre 1522 e 1523, o alzamento dos cabaleiros, cobizosos de conseguir unha nova posición cos bens secularizados, e, entre 1524 e 1525, o dos campesiños,...
-
-
Relativo ou pertencente a Lutero ou ao luteranismo.
-
Seguidor do luteranismo.
-
Conxunto de organizacións eclesiásticas xurdidas da Reforma que seguen o luteranismo. Desde 1947 forman a Federación Luterana Mundial.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Dosso Dossi, formouse baixo a influencia de Giorgione. A súa arte combinou o brillante cromatismo veneciano cos esquemas compositivos do clasicismo romano. Das súas obras destacan Bacanal, Alegoría da pintura, Os doutores da Igrexa e Circe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema do grupo sanguíneo que se caracteriza pola presenza do aglutinóxeno Lu nos eritrocitos humanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Luchow Cidade do sheng de Sichuan, China, na rexión do Sudoeste, situada na desembocadura do Tuojiang no Iang-Tsé (262.892 h [estim 1990]). É un centro agrícola e pesqueiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi abundante ou que está moi desenvolvido, especialmente referido á vexetación.
-
PERSOEIRO
Escritor e erudito. Doutor en Leis, a finais da súa vida foi secretario da embaixada en París. Escribiu poemas en italiano e castelán, un tratado de ética, Dei principii della morale, e a súa obra máis importante, Poética o reglas de la poesía en general y de sus principales especies (1737), que comprende estudios sobre a lírica, o drama e a épica, e tenta poñer en orde os excesos de liberdade dos escritores do Século de Ouro e os seus imitadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico francés. Traballou no Instituto Pasteur de París e ocupou a cátedra de microbioloxía na facultade de Ciencias de París. Estudiou a regulación xenética da produción de enzimas e a multiplicación dos bacteriófagos. Entre as súas obras destaca Biological order (1962). En 1965 recibiu, xunto con F. Jacob e J. Monod, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus traballos sobre os mecanismos de transmisión da información xenética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Fixo investigacións espectroscópicas dos raios ultravioletas e descubriu a serie de liñas que leva o seu nome. Tamén investigou as propiedades de propagación e a interferencia das ondas luminosas de lonxitude de onda moi pequena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biblista francés. Xesuíta desde 1919, foi profesor da Sagrada Escritura en Lyon Fourière (1938) e no Pontificio Instituto Bíblico de Roma (1943). Foi un dos especialistas máis destacados do Novo Testamento e publicou Theologia biblica Novi Testamenti (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Na primeira etapa do seu pensamento, exemplificada en Économie libidinale (1974), propuxo unha relectura do marxismo partindo de Freud. Con La condition post-moderne iniciou unha segunda etapa en que realizou a primeira e máis valiosa descrición da posmodernidade. Outras obras importantes súas son Le différend (1983), Le postmoderne expliqué aux enfants (1986) e L’enthousiasme (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Lugansk’, Ucraína (117.849 h [estim 1999]). Na súa economía destaca a extracción de carbón, a industria do vidro e a química de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e arquitecto. En 1791 G. Washington encargoulle o proxecto da capital de EE UU, que non foi posto en práctica, pero que influíu na construción definitiva da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sexto e último estrato e idade do Cretáceo Superior e tamén do Mesozoico, situado entre o Campaniano e sobre o Daninano. O estratigráfico tipo atópase en Maastricht (Países Baixos).