Lwoff, André Michael

Lwoff, André Michael

Bioquímico francés. Traballou no Instituto Pasteur de París e ocupou a cátedra de microbioloxía na facultade de Ciencias de París. Estudiou a regulación xenética da produción de enzimas e a multiplicación dos bacteriófagos. Entre as súas obras destaca Biological order (1962). En 1965 recibiu, xunto con F. Jacob e J. Monod, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus traballos sobre os mecanismos de transmisión da información xenética.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ainay

  • Deceso

    Lugar : Château, Auvernia

  • Deceso

    Lugar : París