"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente aos macroranfósidos.

    2. Peixe da familia dos macroranfósidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos singnatiformes, que presentan o corpo comprimido e un fociño tubular longo. A esta familia pertence a especie Macroramphosus scolopax (trompeteiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esporanxio que produce macrósporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (123.000 h [1997]). É unha cidade portuaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (461.400 km2; 246.100 h [estim 1999]). A súa capital é Madagan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Madaleniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último período do Paleolítico Superior. O nome deriva do xacemento francés de La Madeleine. Desenvolveuse durante un período climático frío, correspondente á derradeira glaciación (Plistoceno), entre 17000 e 9500 a C. Unha das características técnicas do período é a abundancia de ósos e cornos para fabricar instrumental, entre os que destacan os arpóns. A arte foi moi importante e sobresaen as pinturas rupestres nas covas (Altamira), que representan o período de plenitude da pintura paleolítica. En Galicia existen relacións coa área cántabra e os xacementos máis ricos atopáronse nas chairas de Abadín, Vilalba ou Xermade. Neste último lugar, no xacemento do Abrigo da Pena Grande de Férvedes, encontrouse un colgante lítico da época con decoración lineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Madalena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cambás (Aranga). O seu cumio acada os 640 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterrei baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Papua Nova Guinea (29.000 km2; 365.106 h [2000]). A capital é Madang (27.394 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Tunisia (8.588 km2; 421.800 h [estim 2000]). A súa capital é Madanīn (26.602 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e monxe cartuxo. Foi autor de numerosos tratados piadosos en castelán e latín, e de Del senado y de su príncipe (1617), publicado anonimamente e reeditado postumamente como Gobierno de príncipes y de sus consejos para el bien de la República (1626).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Estivo ao servizo do Papa Paulo V, para quen fixo Santa Cecilia morta (1599) na igrexa de Santa Cecilia in Trastevere e os relevos da capela de Santa Maria Maggiore. Esculpiu A xusticia e a paz (1614) de Santa Maria della Pace e o Busto de San Carlos Borromeo de San Lorenzo en Dámaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Oposto á ditadura de Porfirio Díaz, fundou o Partido Nacional Antireeleccionista, que protagonizou a insurrección armada de 1910. Despois do triunfo da revolución, foi elixido presidente (1911) e enfrontouse con Zapata e Orozco. Traizoado por Victorino Huerta, foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos madianitas.

    2. Individuo da confederación de tribos madianitas.

    3. Confederación de tribos árabes nómades do deserto sirio-arábigo. Considerados descendentes de Abraham, segundo a Biblia, relacionáronse co pobo de Israel en tempos de Moisés, pero máis tarde volvéronse hostís e foron derrotados por Xedeón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astónomo alemán. Autor duns dos primeiros mapas científicos da Lúa, fixo numerosas investigacións sobre o centro dinámico da Vía Láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Deputado a Cortes por Lleida, en 1854 foi nomeado gobernador civil de Barcelona. Ascendeu despois a presidente das Cortes e, como ministro de Facenda, propulsou desde o ministerio a Lei de Desamortización de 1855. Despois da revolución de 1868, foi gobernador civil de Madrid. Publicou Dicionario geográfico, estadístico e histórico de España y sus posesiones de ultramar (1845-1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Taquígrafo e escritor. Foi taquígrafo do Congreso (1846-1853) e de diversos diarios de Madrid. Publicou Historia militar y política de Zumalacárregui (1844), Glorias de la taquigrafía. Excelencias de la de Martí (1857) e   Impresiones de un viaje a Barcelona (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Investigou a bohemia do teatro e dos barrios baixos. As súas obras son reportaxes ou testemuños novelados, sobre todo do período 1918-1931, dos que destacan Sangre en Atarazanas, Els exiliats de la Ditadura (1930) e Ocho meses y un día en el gobierno civil de Barcelona (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO