Madoz Ibáñez, Pascual

Madoz Ibáñez, Pascual

Xurista e político. Deputado a Cortes por Lleida, en 1854 foi nomeado gobernador civil de Barcelona. Ascendeu despois a presidente das Cortes e, como ministro de Facenda, propulsou desde o ministerio a Lei de Desamortización de 1855. Despois da revolución de 1868, foi gobernador civil de Madrid. Publicou Dicionario geográfico, estadístico e histórico de España y sus posesiones de ultramar (1845-1850).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Iruña

  • Deceso

    Lugar : Xénova