"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Xeólogo e explorador británico. Participou en diversas expedicións científicas a Groenlandia (1929), aos grandes lagos africanos (1930-1932) e ás illas Falkland (1947-1950). Dirixiu, xunto con sir Edmund Hillary, a expedición británica que atravesou a Antártida (1955-1958), percorrendo o Polo Sur. Foi director do British Antartic Survey (1960-1973) e presidente da Royal Geographical Society (1982-1984). Publicou The Crossing of Antartica (1958), con Edmund Hillary, Antartic Adventure (1959), Of Ice and Men (1982) e A Time to Speak (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, drenado polos ríos Huebra e Yeltes (1.594 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros, preto do río Guadajira (6.876 h [1996]). Destaca a agricultura (cereais, viña e oliveiras) e a gandería ovina e porcina. Tamén hai industrias derivadas e da madeira. Segundo a tradición foi fundada por Augusto no 38 a C co nome de Castra Vinaria. Foi recuperada polos cristiáns na primeira metade do s XIII e pasou a ser señorío da orde de Santiago. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o recinto amurallado e o foso, a igrexa da Candelaria (s XVI), con torre gótico-mudéxar (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro con sede en Betanzos creada en 1997 coa finalidade de promover e difundir as artes plásticas, en xeral, e a arte gráfica, en particular. A súa orixe está nos Cursos Internacionales de Gráfica, organizados dende 1985 polo artista Jesús Núñez, presidente da fundación. Ten a súa sede na casa Núñez, edificio modernista situado no centro histórico da vila que ofrece amplos espacios dedicados ás artes gráficas e que está concibido como un lugar de exposición, de traballo, de ensino e de encontro. Organiza cursos prácticos e teóricos sobre técnicas tradicionais, como o gravado calcográfico, a litografía, a xilografía e a serigrafía, e sobre novas tecnoloxías artísticas e industriais aplicadas á estampa. Conta cunha biblioteca e cunha colección de gravados coa que se formou en 2002 o Museo de la Estampa Contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada polo Concello da Estrada no 1994 coa intención de apoiar unha serie de iniciativas culturais e facilitar a súa consolidación e espallamento. Entre as actividades que promove destacan Radio Estrada, o Museo Manuel Reimóndez Portela, a Coral Polifonica da Estrada, o Grupo de Baile e Música Tradicional Tequexeteldere e o Grupo de Teatro Os Tirinautas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro crada en 2002 en Artes (Ribeira). Naceu coa finalidade de xestionar e organizar as actividades do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes. O seu presidente fundador é o promotor do museo, Javier Expósito. Na súa creación participaron, entre outras institucións, a Consellería de Cultura, a Deputación da Coruña, o concello de Ribeira, o Museo del Prado, a Calcografía Nacional e a Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas actividades está a organización de exposicións e outros actos arredor da arte gráfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en Ribadavia durante os días 4 e 5 de maio de 1998 por acordo da Asociación Coordinadora Festa da Istoria. Entre os seus obxectivos destacan a contribución á dinamización cultural e social e á expansión económica do seu contorno; colaborar na mellora e fomento das zonas monumentais, así como na recuperación histórica de monumentos e edificios, e contribuír á promoción turística con actividades que promovan o interese pola comarca. Despois da aprobación dos estatutos polo Concello de Ribadavia o 28 de maio de 1998, estableceuse un padroado como órgano de goberno e representación formado por un mínimo de 10 membros baixo a presidencia do alcalde de Ribadavia. Os vocais distribúense entre os representantes da asociación coordinadora Festa da Istoria, que contan con dous tercios, e ás entidades, asociacións e empresas que se integren na fundación que se reparten o terzo restante. O padroado elixe entre os seus membros o vicepresidente, o secretario e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [FOESGA] Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 23 de abril de 1997. Entre os seus obxectivos inclúense a organización de actividades docentes de caracter universitario, profesionais, sociais ou culturais, relacionadas con aspectos estratéxicos do desenvolvemento de Galicia, para a organización de todo tipo de prácticas docentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa, leva consigo ou constitúe unha desgracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, físico e xeógrafo. Foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Realizou un mapa da provincia de Madrid (1901) e outro da de Ourense (1905). Publicou, entre outras obras, Guía del ciclista en España (1897), Técnica algebraica (1908), La atmósfera terrestre (1920) e Elementos de trigonometría xeral y rectilínea (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto do estado de Texas, EE UU, situado nun cordón litoral, á entrada da bahía de Galveston (57.247 h [2000]. Trátase dun núcleo de industria metalúrxica, química e alimentaria. Fundada en 1839, o seu desenvolvemento produciuse trala ampliación en 1914 da canle de navegación de Houston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sector do golfo de México, no estado de Texas, EE UU. Na súa beira está a cidade de Houston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial. Foi propietario dun almacén de produtos coloniais en Vigo e fundador da conserveira Gándara y Haz (1903). Presidiu o Centro de Instrución Mercantil (1894) e en 1920 foi o seu tesoureiro. Foi secretario (1886) e presidente (1921-1924) da Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Vigo e contribuíu á creación do Depósito Franco. Presidiu a Junta del Puerto y Ría de Vigo (1915-1919) e formou parte do consello de administración do Banco de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e polígrafo. Describiu o Memorial da redención de Miguel de Cervantes, polo que se fixou Alcalá de Henares como o seu lugar de nacemento, e o Foro de Ribadavia, outorgado por Fernando III o Santo. Foi autor, entre outras obras, de Guía histórico-descriptiva de la Real Capilla y Monasterio de la Encarnación (1916). Dende 1918 foi correspondente da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e político. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid na especialidade de urbanismo (1972). Realizou, entre outras obras, a casa do concello de Forcarei (1974), a gardería municipal do Grove (1980), a rehabilitación de vivendas en Vilaboa e Viascón (Cotobade), polo que recibiu un accésit no I Premio Julio Galán en 1991, e dos casaríos de Igrexa Vella para albergues de peregrinos en Triacastela, polo que recibiu o VI Premio COAG de Arquitectura en 1994, e diversos edificios no polígono de Fontiñas (Santiago de Compostela). Membro do Partido Comunista de Galicia, participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia, na Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Estado, na primeira Comisión Xestora do Plan Director Territorial de Galicia e foi concelleiro en Pontevedra (1979). Foi membro da Xunta de Goberno do COAG e presidente da delegación do COAG en Pontevedra. Participou en diversos congresos e exposicións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1851-1873). Bispo de Jaca (1847-1852), foi nomeado cardeal da Igrexa romana polo Papa Pío IX en 1862. Influído polo auxe do xornalismo fundou o Boletín (1862), en busca da defensa da ortodoxia católica e dos dereitos da Igrexa. A aplicación da lei desamortizadora de Madoz (1855) e, principalmente, a supresión do foro eclesiástico (1868) marcou a ruptura entre o cardeal e o goberno español. Foi procesado polo goberno ante a súa negativa a facilitar a relación de eclesiásticos que pasaron ao bando carlista trala supresión dos foros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xesuíta e escritor. Foi director das Escolas Dominicais de Santiago. Realizou estudios sobre historia e arte de Galicia e a lingua galega. No campo da arqueoloxía e da historia publicou diversos estudios en Boletín de la Real Academia Gallega. No eido da lingua galega é autor de “El gallego y el latín” no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense e de Sobor do antiguo linguaxe do pobo gallego, e no da teoloxía, escribiu Inferno e gloria. Recibiu un galardón nun certame literario celebrado en Vigo en 1916. Membro da Real Academia Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Lorca 1150) Rei de Navarra (1134-1150), bisneto de García IV. De nome García Ramírez, foi recoñecido como rei trala morte de Afonso I de Aragón. Nun principio para preservar a súa independencia fronte a Aragón prestou vasalaxe ao rei castelán Afonso VII, a quen cedeu Zaragoza (1135). Enfrontado co monarca castelán por cuestións fronteirizas, tivo que facer fronte ao ataque conxunto de Afonso VII e Ramiro II, que se repartiran Navarra no Tratado de Carrión (1140). Tralas Treguas de San Esteban de Gormaz (1146), asinou a paz con ambos monarcas e participou xunto a Afonso VII na conquista de Almería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Integrouse na Sociedad de Pintores ao redor de 1920 e foi militante da CNT. Delegado do seu sindicato ante a CRG na etapa republicana, rexeitou dende 1934 o control que o Partido Sindicalista chegou a exercer sobre a Federación Local de Sindicatos, defendendo a continuidade desta na central anarcosindicalista. Trala Guerra Civil exiliouse en Chile, onde asinou, en 1955, un manifesto a prol de superar a escisión que daquela sufría a CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico e profesor. As súas obras baséanse no estudo do plano e das súas posibilidades matéricas, no protagonismo do debuxo, a liña e o punto e na monocromía. Realizou tamén murais en edificios públicos, entre outros, un no aeroporto de Barajas. Realizou a súa primeira mostra individual no Círculo das Artes de Lugo (1964) e posteriormente expuxo en diversas cidades de España, Alemaña e Arxentina. A súa obra está, entre outros, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada e no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla al Mérito de las Bellas Artes do Ministerio de Educación e Ciencia (1973) e o primeiro premio de pintura da Bienal Nacional de Arte Universitario de Madrid (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO