"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de conflitos armados acontecidos en Melilla entre o exército español e as cabilas de Rif, como consecuencia da resistencia destas ao dominio español. O primeiro conflito, coñecido como Guerra de Margallo (1893-1894), produciuse a consecuencia do ataque rifeño aos fortes españois de Sidi-Guariach e Cabrerizas Altas, e rematou coa vitoria española, tras a que se estableceu unha zona neutral adxacente a Melilla. O segundo conflito (1909-1912), librado en Barranco del Lobo, orixinouse a consecuencia dun novo ataque rifeño, esta vez aos obreiros da Compañía Española de Minas del Rif, cando traballaban na liña de ferrocarril de Beni-Bu-Ifrur. A mobilización de reservistas españois desde a quinta de 1903 para a guerra, abriu un forte foco de resistencia social en Barcelona, que se coñeceu como a Semana Tráxica (1909). Pero as loitas non se interromperon e, tras o establecemento do protectorado español sobre Marrocos (1912), xurdiu un novo conflito armado (1912-1927). Despois de ver...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de goles, unha aguia de sable, armada e picada de ouro, e brochantes sobre o todo, tres faixas de ouro; bordo de prata, cargada de oito leonciños de púrpura.
-
GALICIA
Anarquista e topógrafo. En 1877 afiliouse ao Partido Republicano Federal (PRDF), asumindo pouco despois a secretaría da sección viguesa. En 1880 fundou o semanario federalista La Propaganda, que representou o seu paso do federalismo ao anarquismo. En 1881 marchou a Madrid ao ser acusado de inxuriar o marqués de Elduayen, e un ano máis tarde asistiu, representando a Federación Local de Vigo, ao II Congreso da Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) celebrado en Sevilla. Na súa estancia en Madrid coñeceu o fundador da Revista Social, Juan Serrano Oteiza, quen o animou a estudar topografía. As súas colaboracións na devandita revista fixérono coñecido nos medios libertarios e obreiristas, ben pola súa denuncia do episodio de La Mano Negra en Andalucía, ben polo seu posicionamento anarcocolectivista. En 1884 presentouse a un concurso literario en Vigo co ensaio El problema de la emigración en Galicia, co que gañou o Primer Certamen Socialista de Reus....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Iniciou a súa carreira como segundo operador durante a década de 1940 e os primeiros anos da de 1950, con reiteradas colaboracións con directores, como Florián Rey, Antonio Román e Ladislao Vajda. Nos seus anos de formación destaca o traballo con directores de fotografía, como Enzo Ricioni, Cecilio Paniagua e, sobre todo, Enrique Guerner. A partir de 1952 principiou o seu labor como director de fotografía, que se caracterizou, fundamentalmente, polo funcionalismo das súas imaxes. Isto levouno a traballar con directores como Jesús Franco, Rafael J. Salvia, Pedro Lazaga ou León Klimovsky. Participou en coproducións, sobre todo con Italia, de especial singularidade na década de 1970, e que se inscriben dentro do peplum e do spaghetti-western, ás ordes, entre outros, de Alberto de Martino, Carlo Campogaliani ou Sergio Bergonzelli.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Doutor en Dereito, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e Coalición Galega (1985-1989). Foi conselleiro de Economía, Facenda e Comercio e vicepresidente da Xunta de Galicia (1983-1984). Exerceu como presidente do Consello de Administración de ISODEL e FRIGSA e foi director xeral de Política Financeira do goberno central, representante de España ante a OCDE, no FMI e no Banco Mundial. Escribiu Teoría de los ciclos, Non somos inocentes (1990), A Galicia posible (1992), Bieito Bieito (1993), Coa palleta distraída (1994), A falacia do economicismo (1994), Luces de Fisterra (1994) e Sorte do paxariño (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Arzúa. Construíuse no s XIII aínda que experimentou reformas no s XVI. De estilo románico rural, ten planta rectangular dunha soa nave. Sobre o testeiro atópase un Agnus Dei sobre o que se colocou unha dobre cruz circular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o regato da Cortella, en Melón. Data de arredor do s XV e está realizada en cantaría con arco de medio punto lixeiramente apuntado, cun só van. Unía o camiño vello de Melón ao Coruxal.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado preto do núcleo de Manzanares e regado polo río Azuer (6.591 h [2001]). A economía é agrícola e gandeira, destaca o gando lanar e avícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Santander (1784-1819), foi perseguido por franceses e liberais, refuxiouse en diferentes mosteiros de Galicia, pero rematou fuxindo a Portugal, debido á incautación da súa obra El recíproco sin y con Dios de los hombres. Tras o retorno do absolutismo, regresou a Galicia e foi reintegrado finalmente na súa sé en Santander.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Colaborador en distintos xornais e revistas, iniciou a súa andaina profesional en La Región (1979-1981); posteriormente incorporouse á redacción de El Ideal Gallego (1982) e á emisora central da SER en Galicia. Desde 1985 desenvolveu diversos cargos na TVG, entre eles a dirección desde 1994 do programa Galeguidade. Escribiu Toda a Terra é dos homes (1993) e Vida e viaxes na Galeguidade (1997) e dirixiu a serie documental Terras de Merlín (2003). Recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo (1983) e o Premio Galicia de Xornalismo (1990) pola serie Galicia no Mundo, producida pola TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se mergulla.
-
Persoa que, coa vestimenta e os equipos de respiración axeitados, se mergulla na auga para realizar unha actividade.
-
-
-
Meter algo ou alguén nun líquido ata quedar totalmente inmerso nel.
-
Facer que alguén se concentre por completo en algo, sen prestar atención a ningunha outra cousa.
-
Meterse nun líquido ata quedar totalmente inmerso nel.
-
Concentrarse por completo en algo, sen prestar atención a ningunha outra cousa.
-
-
-
Munición composta por anacos miúdos de ferro, cobre, cinc, cravos e outros materiais, coa que se cargaban antes diversas pezas de artillaría e actualmente algúns artefactos explosivos.
-
Conxunto de fragmentos en que se parten os corpos de diversos artefactos provenientes dunha carga explosiva interior.
-
Conxunto de proxectís disparados cunha arma automática.
-
Conxunto de anacos miúdos de ferro coado que saltan fóra dos moldes ao facer os lingotes.
-
Conxunto de cousas inservibles que se acumulan nun lugar.
-
Gran cantidade de calquera cousa.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que se editou en Ponteareas a partir de 1957. Subtitulouse “Boletín informativo de la Hermandad de Combatientes de Puenteareas, al servizo de la Junta provincial de la Confederación nacional de combatientes”, e levou como lema “Por Dios y por España”. Trasladouse a Vigo aínda que en ningunha das dúas localidades tivo periodicidade fixa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen metralla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arma automática de tiro rápido e tenso. O calibre pode chegar ata os 20 mm, e a partir deste ata os 40 mm son considerados canóns automáticos. As primeiras metralladoras non eran automáticas, tiñan diversos canóns, xiratorios como nas metralladoras Gatling (EE UU 1862) ou fixos como nas Gardner e Nordenfelt, e eran accionados á man, con manivela ou panca. A. Maxim (1884) innovou o automatismo, que se conseguiu polo retroceso do tiro e cun só canón, refrixerado por auga. A partir dos modelos Colt, Browning e Hotchkiss, refrixerados por aire, o automatismo proveu dunha parte dos gases da pólvora. As metralladoras sempre utilizaron o mesmo cartucho que os fusís. Despois da Segunda Guerra Mundial impúxose a metralladora de 7’62 mm cun peso de 10 kg, máis o bípode ou o trípode e requería un equipo de dúas ou tres persoas para o seu manexo. A partir da década de 1980 as metralladoras clasificáronse en lixeiras (5’56 mm, 7 kg, manexables por unha persoa e que disparan series curtas, de 1.200 tiros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disparar metralla ou proxectís dunha arma metralladora contra algo ou contra alguén.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Lorena, Francia (5.241 km2; 713.779 [1999]). A súa capital é Nancy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que tivo lugar durante a Segunda Guerra Mundial nos arredores do arquipélago de Midway entre Xapón e EE UU. O plan xaponés pretendía atacar por sorpresa o arquipélago de Midway, despois de facer unha acción de engano nas illas Aleutianas, que comezou o 3 de xuño de 1942. O contraataque estadounidense impediu a toma do arquipélago e mostrou a superioridade naval estadounidense e a importancia dos portaavións na guerra naval. Foi a derrota máis dura de Xapón e supuxo o final do seu avance polo Pacífico.