"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Relativo ou pertencente á estequiometría.

    2. Composto químico que segue a lei das proporcións definidas, é dicir, que a proporción entre os seus átomos é invariable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da química que trata da estrutura tridimensional das moléculas, é dicir, da distribución ou da posición relativa no espazo dos átomos ou grupo de átomos que as constitúen e dos efectos sobre as súas propiedades químicas. A mediados do s XIX descubriuse que cos métodos analíticos que se empregaban podíase chegar a asignar a mesma fórmula estrutural a máis dun composto. As teorías e as regras da estereoquímica concibíronse e establecéronse coas correccións necesarias para evitar estes defectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estereoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esternoptíquidos.

    2. Peixe da familia dos esternoptíquidos.

    3. Familia de peixes abisais peláxicos ou batipeláxicos, de corpo moi comprimido e coloración xeralmente prateada, quilla abdominal, aleta dorsal cunha lámina espiñenta e aleta adiposa bastante longa e moi baixa. A boca está fendida case verticalmente e ten maxilares provistos de grandes dentes; algunhas especies poden abrir a boca de xeito particular ao levantar a cabeza respecto á columna vertebral grazas a unhas vértebras especiais presentes no pescozo. Esta adaptación sérvelles para aproveitar un maior rango no tamaño das eventuais presas coas que teñen contacto nas grandes profundidades nas que adoitan vivir. Son peixes depredadores que realizan migracións na columna de auga en función da hora do día en que estean, máis preto da superficie durante a noite. Aínda que resultan frecuentes non teñen interese económico. Reciben a denominación popular de peixes machada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se bota o esterco.

    2. Lugar moi sucio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado nas academias de València e Madrid, foi retratista da alta sociedade cortesá e pintor de cámara (1800). Despois dunha etapa de influencia de R. Mengs, a súa obra aproximouse a Goya (1794). A súa produción caracterizouse polo debuxo, as cores frías e as veladuras. Entre as súas obras destacan La Marquesa de Santa Cruz, Manuel Godoy, Cardenal Lorenzana, El gravador Selma e Niños de Medinaceli. Pertenceu á Acadèmia de Sant Carles de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como o Mestre do Cavaller de Colònia, puido ser discípulo de F. Yáñez e F. Llanos. Entre as súas obras destacan a Mare de Déu do colexio do Patriarca e dos Apòstols do concello de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista e crítico de arte. Funcionario de Correos, posteriormente doutorouse en Dereito. Colaborador en distintas publicacións, como La Raza, Diario de la Marina, Mercurio, Universal Ilustrado, La Esfera, Mundo Gráfico, La Tribuna e Vida Gallega, fundou a revista Juventud Española e dirixiu Gaceta de Bellas Artes e Metrópolis. Da súa produción destaca El alma de Galicia (1922), Nuevo escenario (1927) e El arte Gallego (1930). Foi un dos organizadores da Exposición de Arte Moderna de Oslo (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tetrasporofilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estolidobranquios.

    2. Ascidia da orde dos estolidobranquios.

    3. Orde da clase dos ascidiáceos formada por individuos que se caracterizan por presentar na cámara branquial unha serie de dobramentos meridianos ben desenvolvidos que forman unhas costelas lonxitudinais e dividen a cavidade en subcámaras. Existen formas solitarias e coloniais. Dous dos xéneros máis comúns son o Styela e o Dendrodoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espada estreita, longa e ríxida, que só podía ferir coa punta. O seu uso xeneralizouse a partir do s XV para atacar os cabaleiros protexidos con armadura.

      2. Espada de toureiro que se usa para matar o touro.

    1. Arma branca semellante a unha espada estreita que vai adoito dentro dun bastón.

    2. Cana ou pao, oco polo interior, en que se introducen obxectos que ao soprar por un dos seus extremos saen despedidos ao exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferir con estoque.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resina extraída da especie Styrax officinalis.

    2. Denominación popular que reciben algunhas árbores do xénero Styrax.

    3. Bálsamo que se extrae da codia das especies Liquidambar orientalis e Liquidambar styraciflua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea bianual e pilosa, de ata 1,5 m de altura, de follas de máis de 5 cm de lonxitude, ovadas ou lanceoladas, dentadas, dispostas as inferiores nunha roseta basal, que durante a floración están secas. As flores son colgantes e pecioladas, dispostas en acios unilaterais, con cáliz con cinco lóbulos, corola en forma de longo tubo ventrudo de 40 a 55 mm de lonxitude, co lóbulo inferior un pouco máis grande ca os outros e de cor rosa ou violácea, con manchas máis escuras na parte interior. Orixinaria de Europa, cultívase en moitos países e foi introducida en Norteamérica. En Galicia está presente en lugares húmidos ou sombrizos. É unha planta medicinal moi empregada que ten como principios activos a dixitalina, os flavonoides, o ácido dixitálico, os saponósidos e os glicósidos. Emprégase contra a insuficiencia cardíaca, as taquicardias, as arritmias, a obstrución aórtica e outras enfermidades coronarias. Tamén se usa contra o edema polo seu poder diurético e serve para tratar as retencións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Zapón ou trapela por onde sae unha amarra.

    2. Cabo que parte do extremo superior do mastro da dorna e se suxeita ao banco de escota.

    3. Cadea para atar ou amarrar a xugada que turra do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Identificativo incluído en distintos obxectos en que se imprime o nome do produto, as súas características e outras especificacións técnicas que varían segundo o produto en cuestión.

    2. Conxunto de maneiras e comportamentos propios dunha ocasión solemne.

    3. Sinal de identidade que se lle atribúe a alguén.

      1. Conxunto de datos que compoñen unha información na linguaxe HTML. Os navegadores para a Internet interpretan cada unha destas informacións para amosar de xeito intelixible na pantalla o contido dun documento.

      2. Código inserido nun arquivo ou nunha estrutura de datos que indica cómo debe ser interpretado algo.

      3. etiqueta de rede

        Normas que se recomendan seguir para o comportamento responsable nos distintos ámbitos da Internet, especialmente no correo electrónico e nos chat, de xeito que se evite ofender ou provocarlle problemas a calquera outro usuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar unha etiqueta a algo.

    2. Atribuír a alguén un sinal de identidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de colocar as etiquetas nos produtos rematados, como último paso antes de poñelos á venda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que conxuga o estudo das culturas contemporáneas (etnográficas) coas producións materiais (arqueolóxicas), para comprender as relacións de comportamento das comunidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade especial de cheque, emitido por un banco integrado nunha rede europea, que lle permite ao titular dunha conta corrente xiralo en divisa e cobralo en calquera dos bancos da rede, asumindo o banco a garantía do pagamento por unha cantidade máxima fixada.

    VER O DETALLE DO TERMO