estoque

estoque

(

  1. s m
    1. Espada estreita, longa e ríxida, que só podía ferir coa punta. O seu uso xeneralizouse a partir do s XV para atacar os cabaleiros protexidos con armadura.

    2. Espada de toureiro que se usa para matar o touro.

  2. s m

    Arma branca semellante a unha espada estreita que vai adoito dentro dun bastón.

  3. s m

    Cana ou pao, oco polo interior, en que se introducen obxectos que ao soprar por un dos seus extremos saen despedidos ao exterior.

    Sinónimos: tutelo, tuto.

Palabras veciñas

estopar | estopín | estopiña | estoque | estoquear | estor | estoraque