estopín

estopín

(< estopa)

  1. s m [BÉL]

    Mecha feita de estopa ou doutras substancias inflamables, que se introducía na orella do canón de artillería para acender a carga impulsora do proxectil.

  2. s m [BÉL]

    Cilindro de cobre, latón ou dalgunha materia plástica, cheo dunha substancia detonante, que pola acción da agulla do percutor, por fricción ou polo paso dunha corrente eléctrica, inicia a combustión da carga de proxección dun proxectil.

Palabras veciñas

estopa | estopada | estopar | estopín | estopiña | estoque | estoquear