"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Sinal de sucidade que aparece sobre unha cousa debido á presenza doutra substancia diferente.

    2. Pequena parte nunha superficie que é de diferente cor que a dominante.

    3. Enfermidade da pataca que se caracteriza pola presencia de partes de diferente cor na súa carne.

    4. Deshonra ou motivo de vergonza para unha persoa.

    5. mácula lútea.

    6. Placa abrancazada semellante ás cicatrices que se produce na atrofia da pel.

    7. Eminencia branca grisácea que se atopa, ás veces, na superficie ventricular anterior da válvula mitral.

    8. Cada unha das coloracións difusas, xeralmente líbidas, que se producen na parte en declive do cadáver, por acumulación mecánica do sangue (hipostase).

    9. Parte luminosa da superficie do cátodo dun tubo de gas con cátodo de arco onde se concentra a emisión electrónica.

    10. mácula acústica.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado na vertente N da serra Mágina (9.527 h [2001]). A economía baséase na industria aceiteira, na elaboración de mobles e nas construcións mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Península Ibérica que constitúe o sector SL da Meseta, compartida entre as provincias de Cuenca, Ciudad Real, Toledo e Albacete, que xunto con Guadalajara formou a comunidade de Castela-A Mancha. É unha gran chaira horizontal que se corresponde cunha gran conca sedimentaria miocénica onde abundan os solos calcarios. Correspóndese coa cabeceira do Guadiana e é unha rexión agrícola con cultivos de viña, cereais e oliveiras. Ocupa o primeiro lugar das rexións vinícolas da Península Ibérica. A modernización da agricultura permitiu a introdución de novos cultivos como forraxes, xirasoles ou remolacha azucreira. A gandería lanar deu lugar á elaboración de queixos. A industria concéntrase nos polígonos próximos ás cidades de Madrid, Albacete e Ciudad Real e baséase fundamentalmente na transformación de produtos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar situado no NO de Europa. Forma un corredor entre a illa de Gran Bretaña e o NO de Francia, e comunica o Océano Atlántico co mar do Norte. Ten unha profundidade de 40-50 m. En 1994 foi inaugurado un túnel de 50 km de lonxitude que comunica Francia co Reino Unido por debaixo do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de manchar.

    2. Que ten manchas.

    3. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘fabricado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á locución ‘facer tempo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encher de manchas unha cousa.

    2. Facer algo de maneira que prexudique a boa sona ou a honra de alguén.

    3. Encherse de manchas unha cousa.

    4. Resultar alguén magoado na súa reputación.

    5. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘gañar’ e ‘arranxar (paraugas)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar o mango a unha ferramenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Baixa Normandía, Francia (5.938 km2; 481.471 h [1999]). A capital é Saint-Lô.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de cousas que se collen dunha soa vez nunha man ou que caben nunha man.

    2. Gran cantidade dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Mancha.

    2. Natural ou habitante da Mancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado homónimo, Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Irwell (431.100 h [1999]). A súa principal actividade é a industria téxtil algodoeira. Centro comercial na Idade Media e de importación de algodón no s XVII, converteuse na capital da industria téxtil a finais do s XVIII. O seu desenvolvemento foi un exemplo das transformacións sociais da Revolución Industrial. A súa burguesía liberal promoveu na metade do s XIX, movementos políticos e sociais. Foi, por outro lado, escenario de desordes sociais, capital do cartismo, precursora do socialismo británico e centro de movementos cooperativistas e sindicais. Despois de 1838, asumiu o título de cidade e liderou o campo das reformas sociais. Do seu patrimonio cultural destaca a colexiata e o Chetham’s Hospital (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.286 km2; 2.585.700 [2000]). A capital é Manchester.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (830 km2; 182.900 h [1999]). A capital é Mandeville (39.900 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento económico, político e social vinculada ás actividades dun grupo de homes de negocios de Manchester, encabezado por R. Cobden e J. Bright (1840-1855). Tomaban como base a experiencia comercial, e apoiábanse na ética utilitarista e nas crenzas relixiosas das novas clases medias xurdidas da Revolución Industrial para defender un librecambismo extremo. O seu principal instrumento político foi a Anti-     -Corn Law League (1839), fundada para combater o arancel do trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Merca baixo a advocación de Nosa Señora de Lourdes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na Merca. Construída entre 1959 e 1960, diante da gruta de Nosa Señora de Lourdes, ornamentouse con retablos neogóticos dos irmáns Garrido de Parderrubias. Ten vidreiras alusivas aos santos e á Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘estaño’, ‘traballo’ e ‘oficio’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘ferramenta (utilizada polo cerralleiro)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Manchuria, aos seus habitantes ou a súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Manchuria.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo manchú. 

      2. Individuo do pobo manchú.

      3. Pobo pertencente á rama meridional dos tungús, que habita principalmente na rexión SO da península de Manchuria, malia que algúns dos seus grupos se estenden polo territorio ruso na conca do Amur. Orixinariamente eran un pobo cazador e guerreiro.

    3. Lingua tungusa do phylum altaico que se fala en lugares dispersos de Manchuria. O vocalismo presenta harmonía vocálica e a maioría das palabras son disílabas. A sintaxe fundaméntase no principio de que cada elemento secundario precede ao elemento principal. O alfabeto, adaptado en 1599, deriva da escritura mongol. En 1632 foi creado un sistema de signos diacríticos para transcribir os signos do manchú.

    4. Literatura desenvolvida en lingua manchú. Predominan os temas de historia das dinastías de orixe mongola ou tungús, os textos moralizadores e os traballos sobre a administración, as leis e a guerra. Como obra de creación destaca o Eloxio da cidade de Mukdon (1748), escrito polo Emperador K’ienglong. A literatura manchú viviu o seu apoxeo no s XVIII, despois da chegada da dinastía manchú ao poder en China.

    VER O DETALLE DO TERMO