"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que serve como escrava.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Referente á ancila.
-
PERSOEIRO
Escritor e político prusiano. Ao longo da súa vida política pasou de defender posturas liberais a adoptar posicións conservadoras. Participou na educación de quen sería Guillerme IV (1806); no ano 1832 accedeu ao cargo de Ministro de Asuntos Exteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
aciñeira.
-
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘peita’.
-
aciñeira.
-
-
-
Utilizar o anciño.
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘peitear’.
-
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde ás voces ‘recoller, gañar diñeiro’.
-
-
-
angazo.
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘peite’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moi comprimido, coa sección semellante á dunha espada de dous fíos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da cidade romana situada no lugar da actual Ancara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plantas que teñen froitos espiñentos, propios para a diseminación epizoócora.
-
PERSOEIRO
Rei de Roma (642-617 a C), o cuarto segundo a tradición. Atribúeselle a construción da ponte Sublicia sobre o Tíber e dun peirao en Ostia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade e capital da provincia de Ancona, na rexión das Marcas, Italia, na costa adriática (99.258 h [estim 1997]). É un excelente porto natural e un importante núcleo industrial, onde destaca a construción naval; así mesmo, ten aeroporto. Aproveita as abas do monte Conero, sobre as que forma un anfiteatro. Fundárona os mercadores gregos de Siracusa ao redor do 390 a C. Bispado dende os ss V-VI, fixeron con ela unha doazón ao Papado en 1797. En 1808 anexionouna o Reino de Italia e retornou a mans papais en 1815; no ano 1860 pasou definitivamente ao Reino de Italia. Cómpre salientar entre os seus patrimonios culturais o arco de Traxano, a catedral de San Ciriaco (ss XII e XIII), a Lonxa (s XV) e varios edificios do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión das Marcas, Italia (1.940 km2; 441.633 h [estim 1997]). A capital é Ancona.
-
-
Relativo ou pertencente ao cóbado.
-
ancóneo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músculo triangular da parte posterior da articulación do cóbado que participa na extensión do antebrazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Aparello de ferro ou de aceiro que, unido ao extremo dunha cadea, cabo ou cable, se deixa caer ata chegar a tocar o fondo do mar, no que se crava e impide que un navío ou unha embarcación calquera sexa arrastrada polo vento ou as correntes. Probablemente a áncora apareceu ao mesmo tempo ca a navegación, coa forma rudimentaria dunha pedra atada a un cabo. O primeiro tipo semellante aos modernos de catro brazos consistía en dous paos cruzados cunha ou varias pedras por riba. En Asia apareceu a áncora dunha soa unlla e dende o 2.000 a C, na China, apareceron as de madeira e de bambú. Modernamente, a áncora vai amarrada a unha cadea (a cadea da áncora), agás nas embarcacións menores, nas que se emprega un cepo. Nos grandes buques empréganse exclusivamente as do tipo sen cepo. Hai diferentes modelos de áncoras que adoitan recibir o nome do inventor. O número e as características das áncoras que deben levar as embarcacións está regulado polas sociedades clasificadoras. O número é case sempre...
-
áncora de Danforth
Áncora de patente que ten unha especie de cepo debaixo da cruz, o que permite estibala no escobén. Ten os brazos planos e sen tendencia de continuidade coas unllas.
-
áncora de cepo
Áncora cunha barra na parte superior, actualmente de ferro ou de aceiro, colocada en dirección perpendicular ao plano determinado polos dous brazos. O ángulo de presa debe valer uns 115º. Hoxe en día atópase en desuso por mor, sobre todo, das dificultades que representa a súa estiba. Son modelos importantes deste tipo a áncora do almirantado e a áncora de Rodger.
-
áncora de Hall
Áncora sen cepo, de aceiro moldeado, formada por dúas pezas unidas por un perno que, ao mesmo tempo, é o eixo de xiro. O ángulo de presa é duns 40º.
-
áncora do almirantado
Áncora de cepo, de ferro e móbil, co obxecto de poder ser pregada ao longo da cana e, así, facilitar a súa estiba. Ten un ángulo de presa duns 115º. É a representada en heráldica.
-
áncora de Langston
Áncora consistente nunha especie de disco que se enterra dentro do buraco aberto por un chorro de auga a presión proxectado mediante un tubo. Para desenterrala, hai que abrir o buraco co mesmo procedemento. Emprégase só para suxeitar barcos que deben permanecer moito tempo no mesmo lugar.
-
áncora de Marrel-Risbec
Áncora sen cepo, de aceiro doce e unllas moi amplas. Os brazos forman un ángulo agudo coa cana e poden xirar uns 50º de banda e banda.
-
áncora de patente
Áncora sen cepo, co fin de permitir a súa estiba dentro do escobén, e con brazos que poden xirar uns 50º de banda a banda da cana. Nos grandes buques desprazou totalmente ás áncoras de cepo. Cómpre que as áncoras de patente sexan fondeadas sen estar o barco aínda parado. Entre este tipo de áncoras destaca a de Hall, aínda que tamén cómpre mencionar a de Turbot, a de Smith e a de Marrel-Risbec.
-
áncora de Rodger
Áncora con cepo moi semellante á do almirantado, pero cos brazos máis grosos e as unllas máis finas.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Ferrol. As súas armas levan, sobre campo de azur, unha áncora. Outros apelidos relacionados con esta caste son Ancorar, Ancoraxe e Ancoreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada por Ánxela García Abalo e Gustavo Pernas Cora en 1989. A súa liña de traballo está orientada á posta en escena de espectáculos a partir dos textos de Gustavo Pernas, actor e responsable igualmente da dirección de escena. O seu primeiro espectáculo O galego, a mulata e o negro (1990) quedou finalista dos Premios Compostela de Teatro, mentres que Ladraremos (1996) e Fábula (1997) foron nominados como mellor Espectáculo na primeira e segunda edición dos Premios María Casares. Estas dúas últimas propostas conforman, con Anatomía dun hipocondríaco (1998), unha triloxía que constitúe unha divertida e aceda reflexión sobre as paranoias que provoca no individuo a sociedade actual.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra en 1897, que cesou a súa edición a principios do século XX. Editouse na imprenta do seu mesmo nome, herdeira da firma Viuda e Hijos de Carragal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en Vigo o 31 de maio de 1989 e declarada de interese galego pola Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. O seu presidente é Jesús Antelo Cortizas. Entre os seus obxectivos figuran a atención e coidado das persoas con deficiencias psíquicas co fin de potenciar e desenvolver as súas capacidades e posibilidades, exercendo a súa promoción titular. Dirixe os fondos a obras culturais-formativas e lúdicas para as persoas con atraso mental e organiza xuntanzas para orientar e axudar as familias afectadas de cara ao futuro dos fillos tanto desde o ámbito xurídico como testamentario ou económico.