"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Artista plástica e escultora. Foi codirectora do programa de arte Espacios Alternativos e cofundadora do grupo artístico D3. A súa obra seduce os sentidos, vista, olfacto, tacto e achéganos a un lugar máxico onde se mesturan realidade e soño. Desde 1993 ten realizado diversas exposicións entre as que destacan: Amencer (Pontevedra, 1995), Somos un pero non sómo-lo mesmo (1999) e Novos camiñantes (Pontevedra, 1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao estómago e aos intestinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro. Foi xefe da Casa Militar (1964), maxistrado do Tribunal Supremo Militar e ocupou a presidencia da empresa estatal petroleira Petrobrás. Como presidente da República (1974-1979) creou as condicións para a apertura política que levaron á restauración da democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novena mansión da via romana número XVIII que conectaba Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) polo interior segundo o Itinerario Antonino. A súa localización e identificación presenta dificultades, pero os especialistas aceptaron a do Robledo da Lastra, en Rubiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Policía política do estado nacionalsocialista alemán, creada en 1933 para combater os elementos subversivos. Foi organizada en Berlín por H. Göring ao servizo do partido nazi e dependente do ministerio de Interior. En 1934 incorporouse H. Himmler, xefe das SS, como novo inspector da Gestapo. Foi a forza represiva nazi máis importante e dispuxo de medios ilimitados para conseguir os seus fins; as súas decisións non necesitaban a aprobación dos tribunais de xustiza e, polo tanto, podía aniquilar calquera disidencia dentro do Estado e incluso dentro do partido. Destacou na represión dos grupos de resistencia dos países ocupados e na eliminación das minorías políticas e dos xudeus. Despois da vitoria dos aliados, os seus axentes foron detidos e condenados como criminais de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ourive. Mestre artesán, formouse na Escola de Artes e Oficios. Ourive acibecheiro de Eloy Gesto, traballa co ouro, prata, acibeche e outras pedras preciosas. Foi fundador en 1988 da Asociación de Orfebrería de Santiago, da que é presidente. Vocal da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago e da Comisión de Artesanía de Galicia. Recibiu o Premio Internacional de Popularidade e Prestixio (1985) e o Primeiro Premio de Artesanía Tradicional do III Certame Antón Fraguas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo latino empregado polo dramaturgo alemán G. E. Lessing para designar os movementos específicos das mans e do corpo. Posteriormente, Bertolt Brecht incorporou o termo ao seu proxecto de teatro épico, no que falaba dun xesto social que se traduce nunha actitude corporal, nunha entoación e nunha mímica particular de cada personaxe. Vsevolod Meyerhold na súa formulación dunha biomecánica teatral tamén desenvolveu a idea do xesto como elemento que define a actitude fundamental dun personaxe e que se pode manifestar en posturas, por iso o director ruso utilizaba habitualmente a técnica de conxelar o movemento para mostrar ou provocar ese xesto esencial de cada personaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e debuxante. Inicialmente traballou como mecánico. Co estalido da Guerra Civil española alistouse no V rexemento de Líster. En decembro de 1938 fixérono prisioneiro e internárono no cárcere de Yeserías. En Torrijos compartiu prisión co poeta Miguel Hernández. Unha vez liberado, traballou no diario Imperio e en Radio Zamora; ademais enviaba debuxos a La Codorniz e Hermano Lobo. Marchou a Madrid e despois dun monólogo improvisado no teatro Fontalba, montou unha compañía coa que percorreu toda España e Marrocos. En 1959 realizou unha xira por Cuba e México e a partir de 1962 decidiu ir a América; alí foi correspondente do semanario Triunfo e de Sábado Gráfico. Ademais, colaborou con Diario 16. Coa chegada da democracia regresou a España e participou en numerosos programas de televisión e radio. Participou nos filmes El hombre que viajaba despacio, Dónde pongo este muerto?, El Ceniciento, Sitiados en la ciudad, El Presidio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora e escritora. Especializouse na ilustración de libros infantís e xuvenís. Dirixe a revista Tretzevents e é autora de obras como L’oca d’or (1984), dos irmáns Grimm, Valentina (1988), En Patufet (1988), Txa-txa-txà (1994), Blanc o negre (1997), La bruixa dels panellets (1996) e a serie sobre Pau i Pepa. Recibiu, entre outros, o Premio Lazarillo (1987) e o Premio Nacional de Ilustración (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado desde 1956, foi ministro de Finanzas (1962-1966) no goberno de De Gaulle, e de Economía e Finanzas (1969-1974) con Georges Pompidou, a quen sucedeu como presidente da República (1974). Desde o seu goberno traballou pola consolidación dun maior vínculo entre os países europeos e estableceu un programa de revitalización da economía. A crise económica mundial e o rexurdimento da esquerda levárono a perder as eleccións presidenciais de 1981. En 1988 foi designado presidente da Union pour la Démocratie Française, coalición de centro-dereita pola que foi elixido parlamentario europeo en 1989. O Consello Europeo nomeouno presidente da Convención Europea, encargado da reforma das institucións da UE, creada no 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Gloucestershire, Inglaterra, Reino Unido, situada na beira esquerda do Severn, ao O dos Cotswolds (104.700 h [1994]). Cidade industrial, ten factorías de vagóns e material ferroviario, maquinaria agrícola, mobles e construción naval. Tamén destacan as capturas de salmónidos no Severn. Fundada polos romanos co nome de Glevum, a cidade desenvolveuse durante a Idade Media grazas ao comercio da la. Do seu patrimonio cultural destacan os restos romanos, a catedral normanda (ss XI-XV) e os peiraos de época vitoriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título feudal inglés creado en 1122 polo Rei Enrique I para o seu fillo Roberto (?-1147). Extinguiuse en 1399 ao ser confiscado o título a Thomas Despenser (?-1400).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título da casa real inglesa creado en 1385 polo Rei Ricardo II para o seu irmán Thomas, conde de Buckingham e Essex.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (2.653 km2; 557.300 h [estim 1998]). A capital é Gloucester.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou a súa primeira mostra individual en 1947 e participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e do Salón de Otoño de Madrid, onde acadou a terceira (1958), segunda (1960) e primeira (1961) medalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Encargouse da dirección provincial do SERGAS entre 1991-1993. Foi concelleiro e alcalde de Mos, polo Partido Popular, e deputado por Pontevedra ao Parlamento de Galicia na V lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1992), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Como investigador, a súa actividade está centrada no estudo do proceso de estandarización do galego moderno, con especial atención ao s XIX, e da historia da lexicografía galega. En 2002 colaborou na preparación do Dicionario de dicionarios do galego medieval en CD-ROM e dunha edición completa, en soporte electrónico, do Dicionario Galego-Castelán, de Eladio Rodríguez. É coautor do Dicionario normativo galego-castelán (1988) e do Léxico da administración castelán-galego (1991), e editor de Entre a vendima e a castañeira, de Otero Pedrayo e, en colaboración con Dolores Vilavedra, de Retrincos e Un ollo de vidro, de A. Rodríguez Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e escritora. Filla de emigrantes galegos, estudiou Letras na Universidad de Filosofía y Letras de Bos Aires e Arte Escénica na escola de Alejandra Boero. Participou en películas como Los Enemigos (1982), La pasión según San Juan (1987), El día que Maradona conoció a Gardel (1995), Eva Perón (1996), Doña Bárbara (1997) ou Testigos ocultos (2000). Tamén é autora de guións, obras teatrais e da novela Ágata Galaffi, la flor de la mafia (2000). Obtivo, entre outros, o Premio Cibeles de Plata á mellor interpretación feminina no Festival Internacional de Cine de Madrid (1996) e o premio da Fundación Eva Perón (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO