"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Programa da UNESCO que ten por finalidade o desenvolvemento, no marco das ciencias naturais e sociais, dunha base racional para a utilización e a salvagarda dos recursos da biosfera e para a mellora das relacións entre o ser humano e o medio, estudando non só o impacto humano no medio senón tamén as repercusións ambientais sobre a poboación humana. Foi promovido en 1970, durante a XVI Conferencia Xeral da UNESCO.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición dunha xema nun lugar non habitual. Xeralmente, as proliferacións danse nas flores, e orixinan novas flores ou novos brotes.

    2. Produción rápida e repetida dalgunha cousa.

    3. Relación entre o desenvolvemento das centrais nucleares para a produción de enerxía eléctrica e a diseminación da tecnoloxía nuclear para finalidades bélicas a causa dos materiais empregados na fabricación de armas nucleares, o uranio 235 e o plutonio 239, este último un subproduto da combustión do uranio nas centrais nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é capaz de rexenerar un órgano.

    2. Aplícase ás plantas en que se dan proliferacións.

    3. Que produce moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferenza entre a anomalía media dun astro con respecto á anomalía verdadeira do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pacifista xurdida en 1957 a partir dunha xuntanza convocada en Pugwash (Canadá), onde se reuniron 22 científicos internacionais preocupados pola paz. Estableceuse como o único canal de comunicación entre os dous bloques formados durante Guerra Fría, en materia de ameaza nuclear, desarme e seguridade global. Malia as profundas discrepancias políticas e ideolóxicas dos participantes, o seu éxito deu lugar a varias comisións permanentes de traballo. Desenvolve as súas accións en cuestións de seguridade mundial relacionadas con problemas de desenvolvemento e medio ambiente. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1995) xunto co presidente do seu consello, Joseph Rotblat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Nacionalizado español, foi vinte e catro veces internacional do seu país, ata que abandonou Hungría (1956) e fichou polo Real Madrid (1958). Destacado goleador, co equipo madridista gañou tres Copas de Europa (1959, 1960 e 1966), cinco ligas, unha Copa de España (1962) e unha Copa Intercontinental (1960), e foi campión olímpico con Hungría en Helsinqui (1952). Retirouse do fútbol en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tres reunións que se desenvolveron en Québec. Froito da primeira conferencia (1864) xurdiu a British North America Act (1867), polo que se creou o dominion do Canadá. Na segunda (1943) e terceira (1944), F. D. Roosevelt e W. Churchill discutiron a estratexia da guerra en Europa, pero non chegaron a ningún acordo definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. Estivo ao servizo da Coroa de Castela e participou na expedición de Álvaro de Mendaña ás illas Salomón e Filipinas (1595). En 1605, con tres barcos que lle proporcionou o vicerrei de Perú, navegou cara ao O, cara á mítica terra australiana. Obrigado a virar pola súa tripulación, descubriu a illa de Espíritu Santo (Novas Hébridas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e caricaturista. Coñecido como Quesada, traballou como inspector xefe do servizo de vixilancia fiscal do Ministerio de Economía e Facenda de Vigo. Dedicouse principalmente ao caricaturismo político, comezando na revista Club Deportivo Orense, de cuxo equipo formou parte durante varios anos. Desde entón colaborou en xornais como Faro de Vigo (desde 1961), Arriba ou Pueblo, e en revistas como La Codorniz, La Actualidad Española, Cambio 16, Blanco y Negro ou Interviú. Como pintor cultivou o expresionismo, reflectindo sempre na súa obra a visión irónica da vida. Das súas obras destacan Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998). Publicou os libros de humor Xente a esgalla (1981) e Quesadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao vaso linfático que transporta o quilo desde o intestino ata o canal torácico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da atmosfera onde teñen lugar principalmente as reaccións fotoquímicas, que consisten nunha disociación e unha recombinación molecular, a primeira durante o día e a segunda durante a noite. Esténdese arredor dos 25 e os 80 km aproximadamente entre a estratopausa, ou parte superior da estratosfera, e a ionosfera. Dentro dela atópase a ozonosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, III marqués de San Carlos, I marqués de Alcedo e Grande de España. Propietario do pazo de Castrelos, o 12 de decembro de 1924 doouno ao Concello de Vigo coa condición de que non saíse nunca do dominio público e que se destinase a museo de arte e parque público, coa denominación de Parque de Quiñones de León. A doazón fíxose efectiva en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formouse no Seminario de Ourense e ordenouse sacerdote en 1922. Foi ecónomo da parroquia de Santiago de Campobecerros en Castrelo do Val (1922-1923) e coadxutor na parroquia de Santa Eufemia a Real do Norte en Ourense (1923-1925). Doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago (1925) e licenciouse en Sagradas Escrituras no Pontificio Istituto Biblico de Roma (1928). Durante a súa estancia en Ourense, foi ecónomo da parroquia de Santa María de Razamonde (Cenlle), profesor e director espiritual do seminario, ecónomo e despois párroco de Santa Eufemia a Real do Norte e consiliario da Acción Católica. Formou parte dos movementos culturais galeguistas xunto con V. Risco, F. L. Cuevillas, R. Otero Pedrayo, X. Lourenzo e X. Ferro Couselo. Co pseudónimo de F. Pazos publicou varios artigos en galego na revista Logos. Fundou a folla Verdad y Vida, de temátiva relixiosa, escrita en castelán pero con entradas en galego. Foi cóengo lectoral da catedral de Valladolid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de fútbol fundado en Ferrol en 1919. Xoga os seus partidos como local no estadio da Malata, inaugurado en 1993, e viste camiseta verde e pantalón branco. A historia do club remóntase á únión dos equipos Jaime J e Giralda, que disputaron o seu primeiro encontro no campo da Graña o 17 de maio de 1917. En 1919, coa inauguración do campo de Caranza, disputou o seu primeiro partido como Rácing fronte ao Deportivo de La Coruña. O 20 de outubro dese mesmo ano afiliouse á Federación e ao ano seguinte conseguiu a súa denominación oficial. Inaugurou o campo do Inferniño en 1921 e conseguiu o seu primeiro ascenso á máxima categoría galega en 1923. Debutou na Terceira División da liga nacional na tempada 1929-1930 e posteriormente xogou na Segunda División. Dos títulos conquistados, destacan o campionato galego nas tempadas 1928-1929, 1937-1938 e 1938-1939, e o subcampionato da I Copa do Xeneralísimo (1939), e o Trofeo Teresa Herrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiotelescopio previsto para funcionar por un procedemento interferométrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferdinand Raimund.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor, director e actor teatral. Coñecido tamén co nome de Ferdinand Raimann, está considerado o autor clásico do teatro popular vienés. As súas obras máis destacadas son Der Alpenkönig und der Menschenfeind (O rei dos Alpes e o misántropo, 1828) e Der Diamant des Geisterkönigs (O diamante do rei dos espíritos, 1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Catedrático de Xeografía da Escola Superior de Comerç de Barcelona, participou nas actividades do Ateneo de Madrid e exiliouse en Reino Unido ao remate da Guerra Civil Española. Xefe de programación da sección española da BBC, coa colaboración de Plácido Castro creou o Galician Programme (1947-1956). Ademais, colaborou en diversas publicacións galegas en América. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO