"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Construción situada en Mormentelos (Vilariño de Conso). Ten planta bastante irregular formada por dous rectángulos unidos por un corpo máis baixo cunha galería que foi tapiada. Presenta solaina na parte traseira e unha capela encaixada na fachada principal, que ten unha espadana e un escudo sobre a porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mormiriformes.

    2. Peixe da orde dos mormiriformes.

    3. Orde de peixes, da suborde dos actinopterixios, que se caracteriza por ter un pedúnculo caudal moi estreito, a cola moi bilobulada, aleta dorsal oposta á anal (ambas as dúas moi próximas ao extremo inferior), fociño alongado en forma de trompa, e a miúdo órganos eléctricos na musculatura caudal. Todas as especies son de auga doce e exclusivas dos ríos africanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade contaxiosa dos equinos (cabalos, asnos) producida pola bacteria Actinobacillus mallei e que se caracteriza principalmente pola inflamación e ulceración da mucosa nasal e dos ganglios linfáticos, o que provoca trastornos respiratorios que mesmo poden levar á morte. Pode ser transmitida a cans, cabras, ovellas e mesmo ao home.

    2. Doenza que afecta ás galiñas que presentan un tumor debaixo da lingua e que pode chegar a asfixialas.

    3. Estado da persoa que pola falta de sono experimenta unha sensación de atordamento e de cansazo mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mormonismo ou aos mormóns.

    2. Membro da Church of Jesus Christ of Latter-Day Saints, máis coñecida como Igrexa Mormoa, organizada en Nova York en 1830 a partir das visións celestiais do seu fundador, Joseph Smith, quen asegurou que recibira de Deus a misión de restaurar a igrexa orixinal de Xesús Cristo e de traducir un antigo rexistro escrito en pranchas de ouro, que se transformou no Book of Mormon. Segundo esta revelación, estaba permitida a poligamia, que se suprimiu en 1896, de acordo coa Lei Xeral da Unión Americana. En Provo (Utah) teñen unha universidade propia, que é o colexio relixioso máis grande de EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento relixioso dos mormóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten mormo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Marilyn Monroe, a industria cinematográfica de EE UU converteuna no mito erótico da década de 1950, se ben non foi ata máis tarde cando se recoñeceu o seu talento dramático. Interpretou The Asphalt Jungle (1950), Niagara (1953), River of No Return (1954), Bus Stop (1956), Some Like it Hot (1959), Let’s Make Love (1960) e Something’s Got to Give (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautora. Pertencente á Nova Cançó catalá, entrou no grupo Els Setze Jutges en 1964. Cultivou tanto unha liña intimista, con discos como Visca l’amor (1968), Cançons que estimo (1974) e Una bruixa com les altres (1981), como a canción de estilo máis frívolo ou irónico, con Guillermina Show (1967), Remena nena (1970) e Lluny de Malibú (1987). En 2002 editou un álbum de discos recompilatorios con 160 cancións, titulado Fent equilibris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da esquerda revolucionaria portuguesa que integraba aos militares, dos que destacaron Ernesto Melo Antunes, Otelo Saraiva de Carvalho e Vasco Gonçalves, que organizaron a Revolução dos Cravos. Coñecida como os capitães de abril, o 25 de abril de 1975 enfrontouse co réxime fascista de Portugal e derrocouno. Tras o triunfo asumiron a reorganización do goberno e das forzas armadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten aspecto de moco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Micose producida por fungos cigomicetos de xéneros diversos (Absidia, Mortierella, Mucor ou Rhizopus), da orde das mucorais, que aparecen de xeito repentino e que se localizan especialmente no conduto auditivo externo ou no tecido orbitario e os seos paranasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Moi influído pola música ska e o reggae, formou, xunto co seu irmán Iñigo, o grupo Kortatu en 1985. Coa disolución do grupo, na década de 1990 volveu á escena cunha nova formación chamada Negu Gorriak, que fusiona o hip hop, o hardcore e o trash metal. Ademais da súa contribución aos discos de Kortatu e Negu Gorriak, publicou en solitario Brigadistak Sound System (1999), FM 99.00 Dub Manifest (2000) e In-komunikazioa (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Estudou na Columbia University, onde obtivo o doutorado en 1916 sobre o entrecruzamento xenético. Contribuíu á localización cromosómica de moitos xenes e foi un dos creadores da xenética moderna. Demostrou que a irradiación con raios X aumenta a taxa de mutacións nos organismos, o que serviu para apoiar que as mutacións, xunto coa selección natural, son as bases da evolución. En 1946 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, polos seus estudos sobre mutacións inducidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico suízo. Estudou na Universidade de Basilea e doutorouse en 1925. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1948 pola fabricación do diclorodifeniltricloroetano (DDT) en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou presenta diferentes formas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (394.000 h [1997]). Porto situado na costa oriental do golfo de Kola. Fundada en 1916, é un centro importante de industrias pesqueiras e de conservas, reparacións de barcos, etc. Durante a Primeira e Segunda Guerra Mundial a zona tivo unha grande importancia estratéxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (144.900 km2; 1.018.200 h [estim 1999]). A súa capital é Murmansk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir do 7 de decembro de 1886, e que cesou o 28 de xaneiro de 1887. Subtitulouse “Semanario artístico” e estivo dirixida por Eugenio Mañach Couceiro, substituído por Manuel Amor Meilán a partir do nº 6. De carácter literario e galeguista, incluíu poesía, bibliografía e correspondencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de murmurar.

    2. Comentario que se fai sobre algo ou alguén e que se divulga entre a xente xeralmente con afán difamatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO