"Rin" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 1743.

  • Molusco lamelibranquio de aspecto similar á vieira, cunha cuncha de ata 6 cm de lonxitude, e coas dúas valvas convexas pero non iguais exactamente. Ten dúas prolongacións ao lado da charneira e orellas de tamaño moi desigual. É de cor variable, entre pardo amarelada e arrubiada purpúrea. Vive libre ou fixa ao substrato polo biso. Habita na zona infralitoral, a 80 m de profundidade aproximadamente. Distribúese polo Atlántico e o Mediterráneo. A talla mínima para o consumo e comercialización é de 40 mm. En Galicia os bancos que existen desta especie non son tan abondosos como os de vieira, polo que se están a estudar técnicas en acuicultura para promover a súa produción, tanto para o consumo humano como para a repoboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cortegada baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia aristocrática croata--maxiar, descendente da familia croata Subič, que tomou este nome ao recibir o castelo de Zrin. Os seus membros distinguíronse nas loitas contra os turcos e contra o Imperio. Destacaron Miklós Zrínyi (1508?-1556), que morreu na defensa de Szigetvár, asediada por Solimán, e o seu neto Miklós Zrínyi (1620-1664), poeta, autor da epopea Szigeti veszedelem (O sitio de Sziget, 1646).

    VER O DETALLE DO TERMO