Zrínyi

Zrínyi

Familia aristocrática croata--maxiar, descendente da familia croata Subič, que tomou este nome ao recibir o castelo de Zrin. Os seus membros distinguíronse nas loitas contra os turcos e contra o Imperio. Destacaron Miklós Zrínyi (1508?-1556), que morreu na defensa de Szigetvár, asediada por Solimán, e o seu neto Miklós Zrínyi (1620-1664), poeta, autor da epopea Szigeti veszedelem (O sitio de Sziget, 1646).

Palabras veciñas

zoupón -na | Zr | Zrenjanin | Zrínyi | Zsigmondy, Richard Adolf | zuavo | Zubia, La