zuavo
zuavo
(
-
s
m
[BÉL]
Soldado dun corpo de infantaría que formaron os franceses en Alxeria, en 1831, baseándose nos voluntarios da tribo bérber dos zwawa, de Cabilia, que servían como mercenarios do Imperio Otomán. Inicialmente foi un corpo mixto de indíxenas e europeos, pero axiña os indíxenas foron agrupados en compañías de tiradores, e os zuavos só admitiron a tropa francesa. Distinguíronse nas guerras de África, Crimea, Italia, México e Asia.
-
zuavo pontificio
[HIST/BÉL]
Membro dun corpo ao servizo do papa, creado en 1860, no que serviron moitos mozos aristocráticos e ultramontanos franceses. Tras intervir na defensa final dos dominios do papa, foron disoltos en 1871.