"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

    1. Anaco moi pequeno de pan ou de calquera outro alimento, en especial o que está feito con fariña, que se desprende ao partilo.

    2. Porción moi pequena dunha cousa concreta ou abstracta. Na tradición oral recóllense ditos como: ‘Quen non traballa non ten migalla ’.

    3. Restos ou desperdicios que quedan de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastel rectangular formado por varias capas de masa de follado recheas de merengue e crema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba das cortadelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Estableceuse en Barcelona en 1944 e especializouse na pintura hispánica do Renacemento, en Josep de Ribera, Francisco de Goya e Pablo R. Picasso. En 1985 dirixiu unha Historia Universal del Arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Medida itineraria que, en tempos dos romanos, equivalía a mil pasos, é dicir, a 1.482 m.

      2. milla mariña/náutica

        Medida de lonxitude que se utiliza en mariña que equivale a 1.852 m.

      3. milla terrestre/inglesa

        Medida itineraria que se utiliza nos paises anglosaxóns, que equivale a 1.609,3 m.

    1. Distancia, de valor coñecido exactamente, limitada por dous sinais situados á costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. millaca.

    2. Planta herbácea anual, de ata 100 cm de altura, que se caracteriza por ter as flores dispostas en inflorescencia composta, cos acios alternos e a gluma superior con cinco nervios e pilosa. O seu hábitat son os lugares areosos da maior parte de Europa e florece entre os meses de xullo a outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, que presenta talos ascendentes ou arraigados de ata 60 cm de altura, follas curtas e pilosas, flores dispostas en espigas e espículas sen gluma ou moi pequena. Florece entre o verán e o outono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montículo formado por pedras amoreadas polos peregrinos ou romeiros, situado á beira dun camiño, nun lugar que se convertía en sagrado para pedir á divindade unha boa viaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical constituído en Santiago de Compostela en 1978. Tres dos membros fundadores do grupo, Xosé Vicente Ferreirós, Nando Casal Tacón e Moncho García Rey, procedían da música tradicional, xa que formaban o grupo Faíscas do Xiabre; os outros membros da agrupación, Antón Seoane e Rodrigo Romaní, dedicábanse a reproducir e estudar a música medieval; e máis tarde incorporáronse á agrupación Xosé Antón Méndez e Laura Quintillán. Nunha última remodelación o grupo quedou formado por Xosé Vicente Ferreirós, Nando Casal, Antón Seoane, Xosé A.F. Méndez, Roi Casal, Harry C. e Manu Conde. Participaron nos máis importantes festivais de música celta, como o Festival Interceltique de Lorient, o Festival de Edimburgo ou o Festival do Mundo Celta de Ortigueira. Actuaron en diversos países do mundo e colaboraron con diferentes grupos como The Chieftains e solistas como Alan Stivell. Dos seus discos destacan A Galicia de Maeloc (1979), O berro seco (1980), Solfafría (1984),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Estudou na Royal Academy, onde coñeceu a W. H. Hunt. O seu estilo, nun primeiro momento académico (Seizing the Inca of Peru, 1846), orientouse cara á delicadeza e morbideza prerrafaelista (Lorenzo and Isabella, 1849, e Ophelia, 1852). Pertenceu á Pre-Raphaelite Brotherhood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Correxais (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 770 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Nicolao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Emiliano/Emiliana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un león rampante que leva colgada dunha cinta en cada pata dianteira unha roda de carro galego, todo de ouro; bordo axadrezado de prata e azul, de dúas ordes. Outra variante leva, en campo de azul, unha torre redonda de ouro, con homenaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Funcionario e poeta. Pertenceu ao corpo de prisións e foi inspector e xefe superior da policía. Dirixiu, durante a súa estadía na Coruña (1875-1880), as revistas El Domingo e La Semana. Da súa produción destacan Flores marchitas (1877), a zarzuela En la playa (1880) e o libro biográfico Memorias de Millán Astray, ex director de la Cárcel Modelo de Barcelona y ex jefe de la Policía de Madrid y Barcelona (2 volumes, 1917, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi pastor, fíxose ermitán e contribuíu á evanxelización dos cántabros. Xunto á cova en que viviu construíuse un mosteiro na súa honra. A súa festividade celébrase o 12 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    (Pontevedra 11.6. 1922 - Santiago de Compostela 16.12. 2002) Filólogo, conde de Quirós. Catedrático de Grego, foi profesor axudante de filoloxía latina e lingüística indoeuropea na Universidad de Madrid e profesor da facultade de Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos membros fundadores do Instituto Cultural Galaico-Minhoto e membro do Instituto Padre Sarmiento e do Centro de Estudios Xacobeos. Presidiu a Asociación Nacional de Catedráticos de Instituto e, durante o goberno de Fernández-Albor, foi subdirector xeral da Consellería de Educación. Colaborou nas Comisións de Lingüística e Toponimia e escribiu numerosos artigos sobre aspectos relacionados coa filoloxía, a lingüística e a toponimia e coa epigrafía e a arqueoloxía. É autor de A la sombra del apóstol: once siglos de vida compostelana (1938), Ara con nuevo teónimo indígena en San Vicente de O Grove (1976), en colaboración con José Carro Otero, Sobre las aras del santuario de Donón (Hío, Pontevedra) (1978), Raíces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra, reconversión republicana do Partido Reformista, polo que foi deputado en 1933. Colaborou en Faro de Vigo e publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1907) e doutorado (1917) na Universidad de Madrid, está considerado o primeiro especialista en radioloxía de Galicia. Iniciou as súas actividades en Vigo (1908), onde xa en 1915 posuía instalación de raios X. Posteriormente, instalou en Vigo o primeiro gabinete de Galicia dedicado á radioloxía (1923), que foi considerado como un dos máis importantes de España. Destacou como radioterapeuta no tratamento do cancro e exerceu como xefe médico do servizo de Radioloxía e Diatermia do Hospital Municipal de Vigo. Publicou o traballo Ligeras nociones acerca de los Rayos X y de sus aplicaciones (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Alcalde de Moaña (2003), deuse a coñecer na década de 1990 cunha poesía culturalista que pretendía afondar na condición humana sen limitacións espazo-temporais. Publicou estudos sobre figuras da literatura galega como Vicente Risco, Johan Carballeira e A. Castelao, e o poemario Este é o tempo do sal (1992), co que gañou o accésit do XI Premio Esquío. Escribiu tamén As palabras no espello (1995) e participou nas edicións de Profecía do mar (1995), de Bernardino Graña; e Da terra asoballada (1996), de R. Cabanillas. Foi galardoado en tres ocasións no Concurso Nacional de Poesía O Facho.

    VER O DETALLE DO TERMO