"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Forma de actuar ou de facer unha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Durmir e gardar a eira, non hai maneira. O vello na súa terra e o mozo na allea menten á súa maneira”.

    2. Forma de comportarse ou ser unha persoa.

    3. Estilo propio dun determinado artista.

    4. Xestos e palabras habituais e característicos dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, unha torre de prata, superada dunha flor de lis de ouro e arrimada de dúas estrelas de ouro, de seis raios, unha en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Desde 1997 é profesor de comunicación audiovisual na Universidade de Vigo. Foi asesor da CRTVG e presidente da Asociación de Periodistas de Galicia. Comezou a traballar en La Gaceta del Norte de Bilbao (1977) e foi cofundador da axencia Vasco Press (1982). En 1984 incorporouse a El Ideal Gallego, ata o seu ingreso na TVG un ano despois. Director de informativos da TVG (1990-1994), director da TVG (1994-1996) e da RG (1996-1999), escribiu Funcións da Televisión autonómica galega e o Centro rexional de TVE en Galicia (1989), Libro de Estilo de Informativos (1992), Historia da Radiodifusión en Galicia (I) (1993), A TVG, unha institución imprescindible para Galicia (1993), A influencia da TVG na promoción do galego (1993), e coordinou o libro de homenaxe a Diego Bernal, De profesión, periodista (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de estopa, liño ou la que se pon na roca para fiar.

    2. Madeixa de liño que xa se fiou.

    3. Cantidade de cousas que se collen dunha soa vez coa man.

    4. Persoa que ten un carácter pusilánime.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rolo cilíndrico de estopa que deixan o liño ou o cánabo despois de restrelalos.

    2. Cantidade de cousas que se collen dunha soa vez coa man ou que caben na man.

    3. Madeixa de liño que xa se fiou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Foi considerado un virtuoso violinista. Como compositor destaca a ópera Giovanna di Napoli (1902) e diferentes concertos para instrumentista solista e orquestra. Escribiu o tratado El violín (1958) e libretos de ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra foi principalmente poética, aínda que destacou tamén como tradutor e crítico literario. Da súa produción destacan Como un núvoll lleuger (Premio Lletra d’Or 1967) e Poesia Completa (1916-1986) (1986). Recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo de Marià Manent i Cisa. Foi director xeral de Difusión Cultural do departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya (1980-1989) e asesor da Presidencia en cuestións culturais e de historia. Da súa produción destacan a biografía Carles Riba (1963) e o estudio Literatura catalá en debat (1969). Recibiu o premio das Lletres Catalanes Ramon Llull (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que se estableceu en San Xoán de Vilaronte (Foz, Lugo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Da súa antiga fábrica, posiblemente do s XIII, consérvase a porta principal que conta cun tímpano semicircular apoiado en xambas lisas. Sobre o arco de descarga consérvase unha imaxe da Virxe co Neno da mesma época.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baile tradicional galego que se executa de xeito semellante á xota, e que é tradicional da zona da Costa da Morte. Os puntos, a diferenza da xota, son valseados e comezan, como na muiñeira, cun movemento adiante e atrás.

    2. Composición musical, de ritmo ternario, que acompaña ao baile do mesmo nome e que é propia da música tradicional galega da zona da Costa da Morte. A melodía, aínda que ten o ritmo da xota, non é tan marcada coma esta. Na forma de tocar a pandeireta describe un movemento de vaivén continuo separado por uns golpes secos co puño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura de diversos materiais que representa a unha persoa ou unha parte dela e que serve aos artistas para estudar actitudes ou formas e aos modistos para exhibir vestimentas.

      1. Persoa que un modisto viste para que exhiba a roupa que el confecciona.

      2. Persoa que se prepara en exceso.

    2. Persoa de pouco carácter e personalidade que se deixa dominar por outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gabela que tiña que pagar o colono ao señor cando non tiña fillos e desexaba transmitir a un terceiro a súa tenencia ou bens propios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Divindades ultraterrenais que designaban os espíritos benévolos dos mortos.

    2. Sombras dos mortos que eran obxecto de culto entre os antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor checo. Foi líder da nova escola de pintura e debuxo checa, que se caracterizou polo desprendemento da influencia alemana. Desde unha concepción romántica inclinouse por un realismo lírico e nacionalista, especialmente nas paisaxes. Cultivou tamén a pintura de xénero e o retrato do que destacou Josefina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Lérez, que nace na parroquia do Campo e desemboca na de Fragas (Campo Lameiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Despois de estudar arquitectura en París, en 1935 foi discípulo de R. Bissière na Académie Ranson. Contribuíu a introducir a arte abstracta nos círculos eclesiásticos, e foi autor de vidrieiras e tapices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou no taller de Thomas Couture e aprendeu dos pintores clásicos temática, composición e técnica. A súa obra La déjeuner sur l’herbe (1863), con influencias de Giorgione e Rafael, escandalizou o público polo tema e a composición, que tentaba producir un efecto de plein air. Revolucionou o mundo da pintura con Olympia (1865), inspirada nas Venus de Giorgione e Tiziano. Inspirouse en Velázquez, de quen tomou a liña do horizonte alta e a ausencia dun verdadeiro fondo (Le torero mort, La femme au perroquet, 1865), en Murillo (Le fifre, 1866) e en Goya (L’execution de Maximilien, 1867; Le balcon, 1869). Desde 1873 a súa paleta aclarouse e adquiriu características impresionistas, así como a práctica do plein air. Desde 1880 sufriu ataxia. En 1882 pintou ao pastel Retrat d’Irma Breunner e ao óleo Le bar des Folies-Bergère. Aínda que sempre foi considerado un pintor clásico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Exipto s III a C) Historiador. Foi sacerdote en Heliópolis durante o reinado dos Ptolomeos. Escribiu unha historia de Exipto que estableceu unha división cronolóxica en tres períodos de diversas dinastías.

    VER O DETALLE DO TERMO