maneira

maneira

(< lat v *manuaria)

  1. s f

    Forma de actuar ou de facer unha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Durmir e gardar a eira, non hai maneira. O vello na súa terra e o mozo na allea menten á súa maneira”.

    Ex: A maneira que ten de dirixir a empresa non me convence.

    Sinónimos: forma, xeito, forma.
  2. s f

    Forma de comportarse ou ser unha persoa.

    Ex: O rapaz é dunha maneira que non hai quen o entenda.

    Sinónimos: modo.
  3. s f

    Estilo propio dun determinado artista.

    Ex: Este artista pinta de maneira diferente ós seus contemporáneos.

  4. s f pl

    Xestos e palabras habituais e característicos dunha persoa.

    Ex: As súas maneiras non son propias do presidente dun país.

Frases feitas

  • Á maneira de loc prep De forma semellante a.

  • Daquela maneira. Forma de contestación que indica que algo non vai do xeito conveniente ou esperable.

  • De calquera maneira 1 Sen interese.

  • De malas maneiras. Con malos modos.

  • De maneira que. loc conx Úsase para introducir unha consecuencia.

  • 2 loc conx En calquera caso.

  • De todas maneiras. En calquera caso.

  • Non haber maneira. Indica a imposibilidade de conseguir o que se pretende.