"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Papa (1045-1046). Fixo renunciar a Benedicto IX e emprendeu a reforma da Igrexa. Deposto no Sínodo de Sutri, foi enviado como prisioneiro a Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1073 - 1080). Monxe beneditino, foi secretario de Gregorio VI. Iniciou a reforma da Igrexa no Concilio en Letrán (1074), e ao ano seguinte convocou un novo concilio no que reivindicou a súa autoridade suprema sobre todos os bispos. Estas medidas enfrontárono co Emperador Enrique IV que o depuxo en Worms (1076). Respondeu coa excomuñón do emperador, que foi retirada en Canossa (1077). O emperador continuou coa súa política antipapal e foi excomungado de novo (1080), mentres as tropas imperiais ocupaban Roma e Enrique IV nomeaba o antipapa Clemente III. Refuxiouse inicialmente no castelo de Sant’ Angelo e despois retirouse a Salerno (1084).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (outubro-decembro 1187). Legado pontificio en Dalmacia e Hungría, foi elixido trala morte de Urbano III. Preparou a Terceira Cruzada e traballou na reconciliación entre Pisa e Xénova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1271-1276). Reuniu o II Concilio de Lyon (1274) para unificar as igrexas grega e latina, emprender unha cruzada e reformar os costumes dos clérigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1370-1378). Tentou poñer fin á Guerra dos Cen Anos e aprobou bulas de condena contra os seguidores de Wycliffe. En 1377 recuperou a sé papal de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1406 -1416). Patriarca titular de Constantinopla, foi elixido polos cardeais romanos fronte ao antipapa Benedicto XIII, nomeado en Aviñón. Deposto polo Concilio de Pisa, despois do Concilio de Constanza renunciou ao seu cargo para evitar a separación da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1572-1585). Fundou a Universidade Gregoriana en Roma como Escola Superior dos Xesuítas, así como diversos colexios e seminarios en Viena, Praga e Gratz. Axudou a Filipe II contra os hugonotes e fomentou a oposición católica a Isabel I de Inglaterra. Acometeu a reforma do calendario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1590-1591). Excomungou a Enrique IV, que se puxera de acordo cos reformistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1621-1623). Axudou aos irlandeses e favoreceu a restauración católica en Francia. Preocupouse das misións para as que instituíu a Congregación de Propaganda Fide (1622).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1831-1846). Relixioso camaldulense, durante o seu papado recorreu á axuda de Austria para acabar coas loitas que xurdiron no Vaticano. Rompeu relacións diplomáticas con Prusia, Rusia, España e Portugal (1835-1840) e potenciou as misións católicas en América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755-1785), estivo ao servizo de Carlos III. Contable da casa Baretta en Nápoles, foi nomeado por Carlos III administrador xeral de víveres militares (1742), director xeral de aduanas (1746) e secretario de Facenda (1753). Tras recibir os títulos de marqués de Vallesantoro e de Squilace (1755), acumulou na súa persoa as carteiras de Guerra, Mariña e Comercio do reino napolitano. En 1759, tras ocupar Carlos III o trono español, trasladouse a Madrid, onde ocupou a carteira de Facenda. Desde 1763 ocupou tamén a secretaría de Guerra e interinamente a de Gracia e Xustiza. Iniciou un programa de reformas que o levaron a fundar montepíos para viúvas e orfos, á creación do sistema de loterías, a impulsar a urbanización de Madrid e a promulgar o bando sobre capas e chapeos (1766), que iniciou o motín de Esquilache. Tras ser cesado polo monarca nos seus cargos (24.3.1766), trasladouse a Sicilia e foi nomeado embaixador de España en Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote dominicano. Formado no convento de San Domingos de Santiago, foi profesor de filosofía e teoloxía en Santiago (1794-1798 e 1800-1805), Oviedo (1798-1800) e Ourense. No 1815 obtivo o título de doutor na Universidade de Santiago feito que lle permitiu, un ano despois, ser designado polo claustro compostelán como substituto da cátedra de Teoloxía. No 1817 foi nomeado moderante da Academia de Teoloxía, da que tamén foi presidente. Finalmente no ano 1833 obtivo a cátedra de Institucións Teolóxicas. Dentro da súa orde relixiosa desempeñou os cargos de calificador do Santo Oficio, prior do convento de Pontevedra (1813-1816), prior do de Santiago (1826-1829) e vicario xeral de Galicia (1825-1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome latino Gregorius, tomado do grego Gregorios ‘esperto’, ‘activo’, ‘vixiante’ e este do verbo γρηγορέω ‘vixiar’. Presenta os hipocorísticos Xilgorio, Goro, Goros; Goriño, Gorecho/Goriña e Gorecha. Destacan con este nome os doutores da Igrexa Grega san Gregorio Nazianzo e san Gregorio de Nisa; san Gregorio de Tours e san Gregorio I o Magno, padre da Igrexa Latina, e dezaseis papas. San Gregorio é titular de tres parroquias. O frade bieito san Gregorio, bispo de Ostia, ten culto en Monterrei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador alemán. Residente en Italia a maior parte da súa vida, entre as súas obras destacan Historia do Emperador Adriano (1848) e Geschichte der Stadt Rom im Mettelalter (Historia da cidade de Roma na Idade Media, 1855-1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa e dramaturga irlandesa. Con Yeats, Synge e Moore, fundou en 1899 o Irish Literary Theatre, e despois o Abbey Theatre (1904). Publicou estudios folclóricos, obras dramáticas e Our Irish Theatre (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista italiano. A súa obra teórica e as súas realizacións buscan a superación do racionalismo. Construíu diversos edificios de vivendas en Novara e Milán, sedes de facultades universitarias en Palermo e Florencia, e proxectos de actuación urbanística. Foi coautor do proxecto de remodelación do estadio olímpico de Montjuïc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe en prosa que, epigramaticamente, presenta unha visión persoal e sorprendente da realidade mediante comentarios enxeñosos e humorísticos. Foi creada por R. Gómez de la Serna, quen a definiu como “metáfora + humor”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de animais de catro patas que viven xuntos, especialmente cabalos.

    2. Cantidade grande de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta colombiano. Membro do grupo Los nuevos e Panidas, dirixiu a revista Panida (1915). Da súa produción destacan Tergiversaciones (1925), Libro de signos (1930), Vacaciones alrededor de nada (1936), Prosas de Gaspar (1937), Antología poética (1942), Fárrago (1954), Nova et vetera (1973) e Libro de relatos (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (66.700 h [1990]). Situada preto da desembocadura do Ryck, ten funcións portuarias e é un centro comercial de cereais, carbón e madeira. Tamén ten un centro de ensino superior: Ernst-Moritz-Arndt-Universität (1456). Fundada en 1241, integrouse na Liga Hanseática en 1270. Pasou a Suecia en 1648 e en 1815 foi cedida a Prusia. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa de San Nicolao (1250-1410), as casas medievais e o edificio da universidade (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO