Gregorio/Gregoria

Gregorio/Gregoria
[ONOM]

Antropónimo que procede do nome latino Gregorius, tomado do grego Gregorios ‘esperto’, ‘activo’, ‘vixiante’ e este do verbo γρηγορέω ‘vixiar’. Presenta os hipocorísticos Xilgorio, Goro, Goros; Goriño, Gorecho/Goriña e Gorecha. Destacan con este nome os doutores da Igrexa Grega san Gregorio Nazianzo e san Gregorio de Nisa; san Gregorio de Tours e san Gregorio I o Magno, padre da Igrexa Latina, e dezaseis papas. San Gregorio é titular de tres parroquias. O frade bieito san Gregorio, bispo de Ostia, ten culto en Monterrei.