"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antón Rodríguez Baixeras.
-
-
Relativo ou pertencente á comarca do Baixo Miño ou aos seus habitantes.
-
Habitante ou natural do Baixo Miño.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor. No ano 1865 participou na conspiración do xeneral Prim. Foi ministro de Fomento e de Ultramar durante o reinado de Amadeo I e na Restauración. Escribiu dramas históricos con intención nacionalista. Colaborou co diario El Constitucional e fundou o diario El Catalán (1849). A súa produción poética en catalán está recollida en Lo trobador de Montserrat (O trobador de Montserrat, 1861), Esperances i records (Esperanzas e recordos, 1866) e Los Pirineus (Os Pireneos, 1893), co que obtivo un grande éxito. Así mesmo, publicou Historia de Cataluña y de la Corona de Aragón (1850-1863) e Las calles de Barcelona (1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
CUMES
Cume granítico do Pireneo central, de 3.146 m de altitude, que marca a fronteira entre Aragón (España) e a Gascuña (Francia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e farmacéutico. Descubriu o bromo en 1826 ao illalo da auga do mar e demostrou a súa afinidade co cloro e o iodo. Foi profesor en Montpellier, na Sorbonne e no Collège de France.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Hungría, flanqueado ao N polos montes Bakony. Cunha superficie de 690 km2 e 14 km de largura media, é o lago máis grande da Europa central. O seu aproveitamento económico baséase na pesca e nos balnearios das montañas que o rodean, que o converteron nun centro de veraneo, especialmente para os habitantes de Budapest.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo arqueolóxico húngaro recoñecido pola presenza de vasos con decoración acanalada e enterramentos con posturas xenuflexas acompañados con machados de combate e adornos de cobre. Forma parte dun complexo cultural calcolítico maior que, xunto con outros grupos centroeuropeos, precede á cultura de Baden.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De forma súbita ou moi rápida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os acordos asinados en 1934 e en 1954, que intentan reducir a tensión na zona. O primeiro (febreiro de 1934) é un pacto de defensa común entre Iugoslavia, Romanía, Grecia e Turquía. A alianza era demasiado débil para ofrecer unha resistencia común á invasión alemá e italiana; ademais cada estado mantiña unha actitude diferente fronte á guerra. Ao acabar a guerra firmouse un novo pacto de axuda e colaboración militar, asinado o 9 de agosto de 1954 entre Iugoslavia, Grecia e Turquía na Conferencia de Veldes. Respondía basicamente á política exterior da antiga Iugoslavia de achegamento ás potencias occidentais. Os asinantes comprometíanse a responder conxuntamente a calquera agresión feita a un deles. O pacto foi motivo de tensión entre Iugoslavia e a URSS. A reconciliación de ambos os dous estados dende 1955 deixouno sen efecto.
-
PUNTA
Punta da península do Barbanza, na ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Noal, ao O da vila e Porto do Son, no concello de Porto do Son.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Restaurador e historiador da arte. En 1978 abriu en Florencia unha Scuola de Restauro (Escola de Restauración). Preparou novas técnicas e elaborou propostas metodolóxicas que recolleu en diferentes publicacións como Teoria del restauro e unitá di metodologia (Teoría da restauración e unidade da metodoloxía, 1978-1981). Como historiador da arte é o autor de monografías sobre artistas do Renacemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar. Segundo marqués de Vallgornera e marqués viúvo de Torremejía. Interveu na Guerra da Independencia e na primeira Guerra Carlista, e despois foi agregado en diversas embaixadas. En 1837 foi elixido deputado por Barcelona e, posteriormente, senador por Tarragona e Girona. En 1838, en plena Guerra Carlista foi nomeado ministro da Gobernación do goberno do duque de Frías. Foi conservador da biblioteca do Senado e director (1814) da sección de historia militar do estado maior. Publicou o primeiro volume dunha Historia de la guerra de España contra Napoleón (1818) e un Reglamento y Catálogo de la Biblioteca del Senado (1851), e deixou inédita unha Descripción de la villa y término de Valls.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de balea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume, derivado á súa vez da voz común balea (< lat balaena ou ballaena < gr ϕ άλαινα ‘balea’). O sentido deste alcume sería irónico e equivalería a ‘bo peixe’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do impulso que a contracción cardíaca lle comunica ao corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sinalización dos perigos por medio de balizas.
-
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático das universidades de Sevilla e de Madrid. A súa obra de síntese principal é Historia de España y su influencia en la Historia Universal (1918-1941) e Cristóbal Colón: génesis del descubrimiento de América (1945). Así mesmo, dirixiu a Historia de América y de los pueblos americanos (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Desenvolveu a súa actividade profesional no mundo editorial galego e colaborou en diversas revistas e publicacións periódicas. Deuse a coñecer como escritor co relato “A raia de xiz”, incluído no volume colectivo Contos eróticos eles (1990). En 1993 publicou a novela Talego, coa que obtivo o V Premio García Barros de novela. No ámbito da literatura infantil é autor de Os gordibolas. A historia (1996) e Os gordibolas. A néboa escura (1996), ambos os dous con ilustracións de Carmen Muruve. Tamén son súas as obras O coelliño branco (1998) Os tres porquiños (1998) O traxe novo do rei (2000) O frautista de Hamelín (2002) e As pescadoras (2017). Dende maio de 2016 é o presidente da Asociación Galega de Editores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de ideónimo que designa o nome do título dun ballet.
-
-
Composición vogal semellante ao madrigal con ritmo de danza e a voces diversas (ss XV e XVI).
-
Serie de danzas, con texto ou sen el, precedidas dunha peza inicial.
-
Composición instrumental de carácter coreográfico que, ás veces, forma parte constituínte dunha suite (Frescobaldi, Schein).
-