Balaton

Balaton

Lago de Hungría, flanqueado ao N polos montes Bakony. Cunha superficie de 690 km2 e 14 km de largura media, é o lago máis grande da Europa central. O seu aproveitamento económico baséase na pesca e nos balnearios das montañas que o rodean, que o converteron nun centro de veraneo, especialmente para os habitantes de Budapest.