Balaton
Balaton
[ARQUEOL]
Grupo arqueolóxico húngaro recoñecido pola presenza de vasos con decoración acanalada e enterramentos con posturas xenuflexas acompañados con machados de combate e adornos de cobre. Forma parte dun complexo cultural calcolítico maior que, xunto con outros grupos centroeuropeos, precede á cultura de Baden.