balata

balata
  1. s f [PLANTA]

    Árbore de grandes dimensións, de follas sempre verdes que pode acadar os 30 m de altura, orixinaria de Trinidade e de América do Sur. A súa madeira, moi resistente, emprégase para a fabricación de travesas e na construción. Os seus froitos son comestibles. Desta árbore aprovéitase sobre todo o látex, chamado tamén balata.

  2. s f [QUÍM]

    Goma que se extrae do látex da balata. É forte e resistente á auga. Foi empregada na fabricación de illantes eléctricos, tecidos impermeables, revestimentos de cables, etc. Sinteticamente consiste no isómero trans do poliisopreno.

Palabras veciñas

Balasko, Josiane | Balassi, Bálint | balastro | balata | Balaton | Balaton | balaustia