balastro
balastro
(< angl ballast ‘lastre’)
s
m
[COM/TRANSP]
Grava empregada para o asentamento das travesas que soportan os raís, que distribúe uniformemente a carga sobre o terreo, impedindo os desprazamentos laterais da vía. Para formar unha base sólida, elástica e permeable, o balastro ten que ser de boa calidade, duro e de formas regulares.