"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos folidotos, da familia dos mánidos, que presentan a cabeza, o lombo, a cola e a cara externa das patas recubertos de escamas epidérmicas colocadas a xeito de tellas. Comprende 7 especies de distribución africana (zona tropical) e asiática (zona sudoriental).
-
CAPITAIS
Capital do il homónimo, Turquía, na rexión de Mármara e Costas do Exeo (201.340 h [1997]). É un centro de elaboración de pasas. Formou parte do Reino de Lidia e foi sometida polos persas (s VI a C) e polos seléucidas (s III a C), ata que pasou a mans dos romanos (133 a C). Destacan as mesquitas, obra dos otomanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na rexión de Mármara e Costas do Exeo (13.237 km2; 1.226.559 h [1997]). A súa capital é Manisa.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana, drenado polo río Turia que constitúe o límite setentrional do termo (25.685 h [2001]). As principais actividades económicas son as derivadas do sector terciario, seguido da industria, na que destaca a fabricación de cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cerámica artesanal fabricada en Manises desde o s XIV ata o s XVIII. Estaba influenciada pola que se facía no oriente islámico, e era realizada por artesáns mudéxares. Caracterizouse polos reflexos metálicos dourados, en combinación coa pintura azul e vermella. O seu influxo sobre a gran cerámica italiana do s XVI fíxose patente na técnica do reflexo metálico que se aplicaba en Gubbio. A súa produción decaeu desde o segundo terzo do s XVI coa expulsión dos mouriscos levantinos (1610) e acentuouse no s XVIII, co uso de temas de estilo totalmente popular e un empeoramento progresivo da decoración dourada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
manitol.
-
LAGOS
Lago da provincia de Manitoba, Canadá, situado na rexión dos Grandes Lagos (4.700 km2). De orixe glaciario, comunica co lago Winnipeg a través do lago Saint Martin.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Canadá, situada na fronteira S con EE UU (649.950 km2; 1.119.583 h [2001]). A súa capital é Winnipeg. A gran chaira de Manitoba é o fondo dun antigo lago glaciario. O clima é frío pero relativamente seco e a vexetación componse de tundra e bosques. O principal cultivo é o trigo, seguido do liño e do orxo. Posúe explotacións minerais, das que destaca as de mineral de níquel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polihidroxialcohol, do grupo dos hexois, que é unha substancia azucrada, que se encontra en diversas plantas e algas mariñas, especialmente no maná do eucalipto e do freixo.
-
ILLAS
Arquipélago do lago Huron, Canadá, que pertence á provincia de Ontario e está formado por tres grandes illas, Manitoulin, Cockburn e Drummond, e numerosas illas pequenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forza máxica, segundo os indios algonquinos de Estados Unidos de América, que non está personificada, pero que é inherente a todas as cousas, persoas, fenómenos naturais e actividades.
-
PERSOEIRO
Político romanés. Foi deputado do Parlamento húngaro (1906), opúxose á maxiarización de Transilvania e proclamou a unión desta rexión a Romanía (1918). Fundou o Partidul National-Taranesc (Partido Nacional-agrario) en 1926 e foi presidente do Consello (1928-1930 e 1932-1933). Favoreceu a chegada do mariscal Antonescu e, en 1947, un tribunal popular condenouno a cadea perpetua.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo de transmisión de movemento que consiste nunha peza fixada ao extremo dun eixe e provista dun manubrio descentrado que lle permite facelo xirar, ou dun mango sobre o que se articula unha biela; este mecanismo completo constitúe un sistema biela-manivela. Á manivela imprímeselle un movemento de rotación coa man para accionar un mecanismo de torno de tracción ou ben, formando parte dun conxunto biela-manivela, para transformar un movemento alternativo en rotativo (ou viceversa).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de produción audiovisual e teatro creada por Antonio Simón en 1996. Destacan os seus traballos Ministros pola cara (1997), sobre un texto de Ernesto Caballero, Auto do prisioneiro (2000), a partir do texto homónimo de Ricardo Carballo Calero, e Compañía (2001), sobre un texto de Eduardo Rovner. No terreo audiovisual produciu a longametraxe A noiva de medianoite (1997), sobre un guión de Xosé Rubia Barcia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantidade de cousas que se poden levar nos brazos dunha soa vez, coma se fose un pequeno feixe.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Caldas, Colombia, situada preto do río Cauca, ao O da Cordillera Central e a 2.153 m de altitude (337.580 h [1999]). É un importante mercado de café.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
mañiza.
-
LOCALIDADES
Localidade do municipio de Santa Colomba, na comarca de La Maragatería, que está integrada na provincia de León, Castela e León, e situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Está localizada no monte Irago, nos límites coa comarca do Bierzo, e foi o primeiro lugar da comarca que contou con hospital de peregrinos no s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e pedagogo. En 1877 foi profesor de dereito canónico en Santiago de Compostela e, en 1902, foi a figura máis destacada do Congreso Católico Nacional de 1902, celebrado en Santiago de Compostela. En 1888 abriu en Granada a primeira escola católica para nenos pobres, as escolas do Ave María, en que introduciu métodos orixinais de pedagoxía activa, desde unha posición ecléctica, que rexeitaba as posicións filosóficas do movemento internacional da escola nova e activa. Foi un dos defensores da moral católica e un dos rivais de F. Giner de los Ríos. Escribiu El pensamiento de las escuelas del Ave María (1900-1903), Derechos de los padres de familia en la instrución y la educación de sus hijos (1902), Las escuelas laicas (1910), El maestro mirando hacia dentro (1915), El maestro ideal (1916) e El maestro mirando hacia fuera (1923). Ademais publicouse unha edición das súas obras en 8 volumes (1945-1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos principais bodhisattva do budismo. En China consideran que o emperador é unha encarnación deste.