"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escritor e guionista. Compaxina desde hai anos a súa obra literaria con colaboracións en cine e televisión (Terras de Miranda) e a realización de documentais (Ma Clon ou Londres-Santiago). Das súas obras destacan Morrer na herba (1995), Sinfonía inacabada (1996), Manancial (1997, Premio Xerais de Novela) e Ira (1999). Obtivo o Premio Blanco Amor (1999) e o Premio do Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Colaborou en xornais locais e na revista Nós, e asesorou a F. García Lorca, xunto a Francisco Lamas, cando compuxo o seu primeiro poema en galego. Das súas obras destaca o conto “Nocturno”, incluído na recompilación Veinte cuentos gallegos (1941), Zambulón, mundo cerrado (1945), coa que quedou finalista no premio Nadal dese mesmo ano, e Lugares y caminos, paisaje en Galicia (1989), editado postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastel feito con fariña, ovos batidos, azucre e manteiga, que se coce no forno, xeralmente nun molde de papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moita manteiga ou graxa.

    2. Que ten un sabor semellante ao da manteiga.

    3. Que ten unha textura ou tacto no padal parecido ao da manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente para facer ou servir a manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle gusta moito a manteiga.

    2. Persoa que fai manteiga ou a vende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se fabrica ou vende a manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar do santuario grego no que se consultaba o oráculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudiante universitario que vestía sotana e manteo para diferenciarse dos bolseiros dos colexios maiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de tea con que se cobre a mesa para comer.

    2. Tea con que se cobre o altar.

    3. Peza triangular do escudo mantelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de mantelo de pano negro que leva unha franxa moi longa de veludo e que vai adornada con agremán de acibeche que pode cubrir só a parte dianteira do corpo ou pode chegar ata o tornecelo. A mantela adoita ser de picote e forma parte do traxe de diario, a diferenza do mantelo, que é máis propio do traxe de gala.

    2. Peza de vestir fina de seda ou tule que levan as mulleres para cubrir a cabeza e as costas en cerimonias relixiosas e ocasións solemnes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escudo dividido en dúas diagonais que xorden do medio do bordo superior e rematan nos ángulos da punta nas representacións heráldicas. Nestes escudos o fondo é a parte delimitada polo triángulo formado polas dúas diagonais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de vestir feminina de forma semicircular que cae desde a cabeza ata a cintura e que se utiliza en lugar do mantelo ou da mantela para asistir a actos solemnes ou relixiosos ou para gorecerse das inclemencias do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estidura dos bispos e cardeais, con dúas aberturas para sacar os brazos, que levan enriba do roquete e que chega ata os xeonllos.

      1. Peza de tea ou malla que nas armaduras de guerra protexía a caluga e parte das costas.

      2. Ornamento externo do escudo que consiste nun anaco de tea ou de malla que, pendurado do helmo, protexía a caluga e parte das costas.

    2. Táboa grosa, ocasionalmente forrada de chapa, que os asaltantes dunha fortificación portaban para avanzar a cuberto.

    3. Táboa grosa que cubría a boca do petardo cando este se aplicaba contra unha porta , unha parede ou outro sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de vestir feminina, de cor xeralmente castaña, verde escura, azul mariño ou negra, que se coloca sobre a saia ou o refaixo. Ten menos voo cá saia e queda aberta pola parte posterior e a beira inferior. Átase ao van con cintas ou broches e adoita empregarse no traxe de gala. Os tecidos máis empregados son o pano, o damasco ou a baeta, aínda que tamén se pode facer de picote para o traxe de diario. O mantelo de gala leva frecuentemente unha tira de veludo arredor con adornos de acibeche e pasamanería.

    2. Peza de vestir fina de seda ou tule que levan as mulleres para cubrir a cabeza e as costas en cerimonias relixiosas e ocasións solemnes.

    3. Peza de roupa que, atada á cintura e ás veces ao pescozo, se emprega en determinados labores para evitar que se manche a parte dianteira do corpo.

    4. Pano pequeno que se emprega para cubrir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de manter.

    2. Conxunto de alimentos que necesita unha persoa ou animal para sobrevivir.

    3. Conxunto de accións destinadas a ter en bo estado os materiais e as instalacións. Denomínase mantemento preventivo o que ten por finalidade asegurar a continuidade do bo funcionamento, e mantemento de reparación o que trata de volver poñer en bo estado un elemento avariado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De forma intencionada, a propósito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • manutención.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa longa que empregan os sacerdotes e eclesiásticos por enriba da sotana e que noutro tempo empregaron os estudiantes.

    2. Capa longa que usaban os alumnos da universidade para diferencialos dos bolseiros dos colexios maiores.

    VER O DETALLE DO TERMO