"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor asociado na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2003). Colaborou   na Enciclopedia Galega Universal na materia de literatura medieval, e en diversos proxectos de investigación como Arquivo Galicia Medieval do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1997-2000), O léxico do sufrimento nos trobadores do Ministerio de Ciencia y Tecnología (2001-2002), “Investigación Notas Literarias de Angelo Colocci” da Universidade de Santiago de Compostela (1996-1998) ou “Bases metodológicas para una Historia comparada de las literaturas en la Península Ibérica” da Universidade de Santiago de Compostela (2002-2005). Traduciu e realizou o estudo introdutorio de Lanzarote ou o Cabaleiro da Carreta de Chrétien de Troyes (2000) e a edición crítica de Josifón (2003). Escribiu Merlín e a súa historia (1997), Merlín en Geoffrey de Monmouth y en los romans...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade para realizar ben e con facilidade algo que implica un certo grao de complexidade, especialmente actividades manuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia autónoma de Rusia (36.000 km2; 201.100 h [estim 1999]). A súa capital é Birobidžan (83.667 h [1995]). As fragas cobren máis dun terzo do seu territorio. O clima é monzónico e o río máis importante é o Amur. Posúe minas de estaño e fabrica maquinaria agrícola e materiais para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Altino, preto de Venecia. Foi discípulo de san Xerome, a quen acompañou, e combateu aos arianos e apolinaristas. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helociais.

    2. Fungo da orde dos helociais.

    3. Orde de ascomicetos da subclase dos discomicetos, con aparatos esporíferos xeralmente pediculados e con ascos provistos dun anel apical amiloide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización para a Seguridade e a Cooperación Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión habitada polos helvecios, que ocupaba a actual Suíza noroccidental, entre as montañas do Xura, o lago de Xenebra e o Rin. En ocasións emprégase este nome para referirse á totalidade do territorio suízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo piso e idade que constituía o Mioceno medio, situado sobre o Burdigaliano e baixo o Tortoniano. É o equivalente dos pisos Languiano e Serravaliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Helveciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. helvético.

    2. Individuo do pobo helvecio.

    3. Pobo celta instalado no s I a C entre Suíza e Alemaña. En 58 a C tentaron establecerse na Galia occidental, pero César obrigounos a recuar, e fundou colonias que serviron como marcas militares. Despois da división administrativa de Augusto, esta rexión foi incorporada á Galia Bélxica. Cara a 260, a presión dos pobos xermánicos obrigounos a refuxiarse nas montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento respiratorio que contén e actúa como transportador de osíxeno. É unha proteína equivalente á hemoglobina pero cun átomo de cobre. Está presente en certos crustáceos e moluscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en La Habana en 1919. Cesou a súa edición en 1933. A partir de maio de 1920 converteuse en quincenal, e desde 1927 saíu cada dez días. Dirixido por Manuel Fernández Doallo, incluía artigos sobre os problemas de Galicia orientados aos emigrantes, cuestións de política internacional e, no apartado literario, algunhas poesías e narracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Ourense a partir de 27 de outubro de 1930. Cesou a súa edición en xullo de 1936. Dirixido por Ricardo Outeiriño e Xosé Goyanes, foi o substituto de Heraldo Orensano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región. Entre os seus colaboradores figuraban diversos autores relacionados co Grupo Nós. Identificado cos adxectivos de galeguista, católico e independente, incluía artigos en defensa do mundo rural, temas políticos e culturais, e diversos textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en 1959 pola sociedade Juventud de Galicia de Lisboa. Imprimiuse nos obradoiros da Tipografía Ideal. Editada por Fernando Toucedo e dirixida por Carlos Baquero Peruch, tentaba ser un instrumento de comunicación para achegarlles a cultura e a actualidade galega aos emigrados na capital portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado na serra de Herencia e drenado polo río Cigüela (7.149 h [2001]). Mercado agrícola e gandeiro, a industria está relacionada coas actividades primarias (elaboración de queixos, viños e aceites), así como co sector farmacéutico. Do seu patrimonio cultural destaca o convento de Los Mercedarios Descalzos (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e investigador. Inspector de educación, director da colección “Narrativa de Onte” da Editorial Galaxia e asesor de Literatura da Enciclopedia Galega Universal (EGU). Estudiou maxisterio en Ourense e Filoloxía Románica nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Membro destacado do Círculo Ourensán-Vigués, exerceu como director literario de Ir Indo Edicións. Colaborou en diversas publicacións, como Boletín galego de literatura, Dorna, Faro de Vigo e Grial. Coñecedor e estudoso da obra de Rosalía de Castro, Castelao, Celso Emilio Ferreiro e da narrativa do Rexurdimento, publicou diversos artigos especializados e os libros Castelao e Os dous de sempre (1980) e Castelao para nenos (1988). Reflectiu as súas investigacións no campo da prensa periódica en As revistas literarias en Galicia na Segunda República (1987). Participou nos proxectos de Lingua Galega 6 (1981) e Lingua Galega 8 (1984) para SM Ediciones....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar por medio da observación da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política segundo a que o poder debe estar en mans da caste sacerdotal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estaunidense. Nas súas obras, de forte contido psicolóxico, empregaba técnicas da novela negra e policial para crear ambientes opresivos. Creou o personaxe de Ripley, protagonista dalgunha das súas obras, como The Talented Mr Ripley (1955), levada ao cine por R. Clément en 1960; Ripley Under Ground (1971) e Ripley’s Game (1974), cunha versión cinematográfica de W. Wenders (1977). Cómpre tamén salientar os títulos Strangers in a Train (1951), levada ao cine por A. Hitchcock; Edith’s Diary (1977), Little Tales of Misogyny (1977), Pleople Who Knock on the Door (1983) e Mermaids on the Golf Course and other Stories (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO