Herencia

Herencia

Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado na serra de Herencia e drenado polo río Cigüela (7.149 h [2001]). Mercado agrícola e gandeiro, a industria está relacionada coas actividades primarias (elaboración de queixos, viños e aceites), así como co sector farmacéutico. Do seu patrimonio cultural destaca o convento de Los Mercedarios Descalzos (s XVII).