Heraldo de Galicia

Heraldo de Galicia

Publicación editada en Ourense a partir de 27 de outubro de 1930. Cesou a súa edición en xullo de 1936. Dirixido por Ricardo Outeiriño e Xosé Goyanes, foi o substituto de Heraldo Orensano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región. Entre os seus colaboradores figuraban diversos autores relacionados co Grupo Nós. Identificado cos adxectivos de galeguista, católico e independente, incluía artigos en defensa do mundo rural, temas políticos e culturais, e diversos textos literarios.