"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

      1. Maneira de falar, pronunciar ou expresar un enunciado, en especial un discurso. Diferéncianse a dicción naturalista, que tenta emular unha expresión verosímil segundo o personaxe representado, e a dición artística, que potencia os artificios retóricos e dramáticos do discurso teatral á marxe de toda vontade realista.

      2. Arte de dicir, recitar ou falar con xusteza e coas maneiras axeitadas.

    1. Figuras retóricas que actúan directamente sobre a expresión lingüística e poden afectar tamén ao sentido dos enunciados. Divídense en metaplasmos, que afectan ao nivel fónico, e metataxes, que inciden sobre a morfoloxía e a sintaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Listaxe en que se recompila, xeralmente en orde alfabética, o conxunto de palabras, xiros e sintagmas dunha lingua, ou ben os termos dunha técnica, arte, ciencia ou especialidade, xunto cos correspondentes significados ou equivalencias noutra lingua. Pode incluír xunto a cada termo a súa pronuncia, etimoloxía, información sobre a clase de palabra, exemplos de uso, sinónimos e contrarios, etc. O formato tradicional en que se presenta é o libro, pero a expansión da informática deu lugar á existencia de dicionarios en soporte electrónico. O termo dicionario apareceu por primeira vez no Ditionarium (s XIII) do musicólogo John of Garland. Ata o Renacemento os termos predominantes foron os de vocabularium, que recollía vocábulos para os estudiantes; glossarium, ou colección de glosas, que interpretaba voces antigas; e lexicon, que reunía locucións e expresións. A existencia de dicionarios está testemuñada xa na cultura asiria (s VI a C) e posteriormente en Grecia e Roma, onde constituían repertorios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario lexicográfico e etimolóxico elaborado por Joan Coromines, en colaboración con José Antonio Pascual, publicado en seis volumes (1980-1991). Este dicionario revisa, amplía e actualiza o anterior dicionario publicado por J. Coromines (Dicionario crítico etimológico de la lengua castellana, 1954-1957). Nel resólvense problemas etimolóxicos e estúdiase o léxico do castelán e do resto das linguas (galego, portugués, éuscaro e catalán) e dialectos hispánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto do ilustrado Xosé Andrés Cornide Saavedra Folgueira do que se conservan preto dun milleiro de folios inéditos no Arquivo Histórico de Galicia, en Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor de dicionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción intramolecular que experimentan os diésteres da maioría dos ácidos dicarboxílicos, excepto os ésteres malónicos, formando un β cetoéster cíclico, sempre que poida formarse un anel sen case tensión. Foi descuberta por W. Dieckmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de formación dun composto aromático por adición dun alqueno ou un alquino (dienófilo) nas posicións 1,4 dun dieno conxugado. Esta reacción coñécese grazas a O. Diels e K. Alder, e permite obter moitos compostos, incluso produtos naturais, posto que é moi estereoespecífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de difamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de diferenciar ou diferenciarse.

    2. Aplicación que fai corresponder a cada función diferenciable, nun certo conxunto aberto, a súa función diferencial no conxunto mencionado.

    3. Proceso mediante o que as células, os tecidos e os órganos cambian de estrutura e de forma, desde a máis simple á máis complexa, para efectuar funcións específicas. O concepto aplícase especialmente á diferenciación celular. Esta ten lugar durante o desenvolvemento embrionario ou en procesos de rexeneración, e dá lugar a grupos de células funcional e morfoloxicamente distintas. A diferenciación celular pode ser profunda e definitiva desde os primeiros estadios, como no caso das células nerviosas, ou ben ser mínima, como no caso dos histiocitos, que conservan a totipotencia e isto permítelles intervir en procesos de rexeneración. As células xerminativas son absolutamente indiferenciadas e poden converterse en calquera clase de célula.

      1. Fenómeno que consiste en que dous fonemas contiguos tenden a aumentar as súas diferencias articulatorias, ou ben un fonema, durante a súa emisión, tende a distinguir diversos matices articulatorios.

      2. posición de diferenciación máxima

        Contexto fonolóxico que permite a maior distinción posible na realización dun fonema.

      1. diferenciación magmática

        Proceso mediante o que, a partir dun magma común, se orixinan diversos tipos de rochas ígneas, que poden formar parte, ou non, da mesma masa. Cando o magma arrefría, comezan a cristalizar os minerais que teñen o punto de fusión máis alto. A cristalización do magma é, polo tanto, fraccionada. Coma os primeiros minerais que se separan adoitan ser os ferromagnéticos, como a olivina e os piroxenos, as rochas formadas ao fondo das masas plutónicas son máis básicas, pola súa gran densidade, ca as superficiais. A diferenciación dun magma tamén se pode traducir por fenómenos de compresión, xa que a fracción fluída pode escapar máis facilmente ás zonas de menor presión, mentres os cristais forman un tipo de malla ou esponxa que se concentra no mesmo lugar onde se orixinara.

      2. diferenciación metamórfica

        Conxunto de procesos mediante os que, durante o metamorfismo, se orixinan asociacións minerais diferentes a partir dunha roca nai inicialmente uniforme.

    4. Caracterización dun produto que se presenta aos consumidores como distinto doutros que o poderían substituír. Refírese á apreciación subxectiva que fan os consumidores, condicionada, entre outros aspectos, pola publicidade, pola presentación ou polas condicións de venda.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno de interferencia múltiple, producido polo carácter ondulatorio da luz. Descuberto por Grimaldi en 1665, xa era coñecido por Newton e Huygens, que non lle souberon dar a interpretación correcta. Consiste, esencialmente, en pequenas desviacións da propagación rectilínea da luz ao encontrarse con obstáculos e orificios, feito que produce alternativamente unha serie de sombras e de zonas de luz, que dependen das características xeométricas do orificio ou obstáculo e da lonxitude da onda da luz. A explicación deste fenómeno baséase no principio de Huygens-Fresnel. A difracción limita o poder de resolución dos instrumentos ópticos. Os fenómenos de difracción non só se producen na luz, senón en calquera clase de ondas.

    2. Proceso no que os electróns se difractan pola acción de átomos ou moléculas. Observouno por primeira vez G. P. Thomson en 1927, ao facer pasar un feixe de electróns no baleiro a través dunha fina lámina de ouro sobre unha placa fotográfica. Emprégase para medir lonxitudes e ángulos de enlace de moléculas en gases.

    3. Proceso polo que os neutróns se difractan pola acción de átomos de sólidos, líquidos ou gases. Deu lugar a unha técnica, análoga á difracción de raios X, que emprega un fluxo de neutróns térmicos dun reactor nuclear para estudar fenómenos de estado sólido.

    4. Fenómeno de dispersión dos raios X pola materia que vai acompañada de variación na súa intensidade, segundo a dirección, a causa dos efectos de interferencia. A difracción dos raios X é un método rápido na determinación da estrutura atómica da materia. Os métodos de difracción de raios X están baseados no feito de que as súas lonxitudes de onda están arredor de 1 Å, similar aos das dimensións atómicas. Algunhas das súas aplicacións son o diferenciamento entre substancias amorfas e cristalinas, a determinación da estrutura de materias cristalinas e a medida de imperfeccións de cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de dignificar ou dignificarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dilacerar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dilatar ou aprazar unha cousa.

    2. Clase de asimilación pola que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro que non lle é contiguo (lat DĪRĒCTU > dereito, cando o resultado esperable sería direito). A metafonía é un caso particular de dilación, debida á influencia de vogal final (lat ĬLLA > [e]la > [ε]la).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dilapidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dilatar ou dilatarse.

    2. Operación empregada para aumentar o calibre dun orificio ou dun conduto.

      1. Aumento do volume e das dimensións dun corpo polo efecto da calor, sen modificación da súa natureza nin do seu estado. A dilatación que experimenta un corpo está determinada polo coeficiente de dilatación, do que se distinguen tres tipos: o lineal, considerando unha soa dimensión do corpo; o superficial, considerando dúas; e o cúbico, considerando as tres dimensións. No caso dos líquidos distínguese entre a dilatación aparente (a observada), e a dilatación absoluta (a real do líquido), polo feito de que tamén se dilata o recipiente.

      2. dilatación de tempos

        Efecto relativista segundo o que un reloxo en movemento mide un tempo superior ao equivalente dun reloxo en repouso.

    3. Aumento normal ou patolóxico das dimensións dun orificio, dunha cavidade ou dun órgano oco.

    4. Engrandecemento das cavidades do corpo como consecuencia dun aumento do volume sanguíneo ou das resistencias da árbore circulatoria. Precede ou acompaña os estados de insuficiencia cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aprecio ou cariño profundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dilucidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de diluír ou diluírse.

      1. Operación mediante a que se aumenta a proporción de disolvente respecto ao soluto nunha disolución.

      2. dilución isotópica

        Procedemento analítico para a determinación cuantitativa de elementos ou compostos presentes nas mesturas complexas, por adición a estas dunha cantidade pesada dun isótopo radioactivo (de actividade específica A 1 ) do elemento que se quere determinar, e medida da actividade final A 2 deste elemento ou dun derivado seu, illado da mestura problema e purificado. O produto illado conterá cantidades do isótopo radioactivo e do inactivo proporcionais ás cantidades iniciais respectivas. Calcúlase polo tanto, a cantidade do elemento problema a partir da razón de actividades A 1 /A 2 sen ter que proceder á súa separación cuantitativa completa. Este método aplícase en bioquímica e na análise de sinais. Emprégase tamén a dilución isotópica inversa para avaliar os rendementos de reaccións nucleares, engadindo pesos coñecidos de materiais inactivos á mestura dos diferentes núclidos radioactivos.

    2. Lei deducida por W. Ostwald en 1888 na que se define que, para solucións suficientemente diluídas, os coeficientes de actividade do electrólito e dos ións son aproximadamente a unidade e, polo tanto, a constante de disociación (Kα) é aproximadamente α 2 C/(1-α) (sendo α o grao de disociación, e C a concentración total do electrólito).

    VER O DETALLE DO TERMO